Saltar ao contido principal

Publicacións

Paisaxes sonoras de Moaña

  Imos comezar un novo ámbito artístico! Nesta ocasión adicarémolo a vila que nos ve crecer, Moaña! Así realizaremos unha serie de actividades nas que coñeceremos as paisaxes típicas de Moaña, a súa arte, música e sons:
Publicacións recentes

A Carolina

A Carolina é unha peza popular galega moi coñecida. De seguro que xa a coñeces pero imos aproveitala para escoitar diferentes versións, con distintos instrumentos e diferentes voces:

O gato no saco

 O gato no saco é unha cantiga que o grupo A Roda fixo moi popular en toda Galicia pero que foi creada aquí ao lado en Vilariño, en Aldán.  Aquí podes coñecer a historia completa:

Muiñeira de Chantada

  A Muiñeira de Chantada é unha peza tradicional galega composta en 1865. A muiñeria é unha danza tradicional galega que se tocaba e bailaba esperando a que se moera o gran nos muiños. Nesta ocasión imos ver cantos instrumentos recoñecemos neste vídeo para falar de como se tocan e como soan sen esquecernos dos bailes e das roupas.

A marcha do antigo reino de Galicia

 Sabías que Galicia ao longo da historia variou no seu territorio? Hai uns poucos séculos o reino de Galicia collía parte de Portugal e Asturias. 

A zanfona

  A zanfona é un instrumento de orixe medieval pero que hoxe en día ten moito que dicir. Aquí poderás descubrir cousas deste instrumento e escoitar como é o seu son: 

Danza de Meirol, Berrogüetto

    A danza de Meirol é unha composición de Berrogüetto, formación galega adicada a modernizar a música tradicional de Galicia.    Berrogüetto combinan, entre outros, instrumentos tradicionais como a gaita ou a zanfona con outros máis modernos como a batería ou o baixo eléctrico.

Clap clap song

  Clap clap song é unha canción moi divertida para acompañar con palmas, movemento ou percusión.   Moi popular nos pobos xermánicos, aquí tes unha selección de vídeos na que podes ver distintas maneiras de traballala:

Danza dos sete saltos

Esta danza para nenos provén de Dinamarca.  Débese estar moi atentos xa que vai engadindo xestos segundo avanza a música: Estes son algúns exemplos de como traballala na clase e con diferentes idades: Aquí tes unha proposta para acompañala con instrumentos: Nesta versión antes de cada instrumento hay dous golpes de xilófono. Deste xeito a música para acompañar a ficha é a seguinte: Imprimiremos a ficha nun folio A3. Recortaremos pola liña de puntos e dobrarermos as solapas para tapar os instruentos.  Deste xeito iremos destapandoos cando sexa o seu turno de tocar. Cada punto representa un pulso na canción. Versión da ficha sen a entrada dos instrumentos:

Tribos do Mundo

  Nesta entrada iremos recopilando todo o traballo que faremos sobre este  Ámbito artístico adicado as tribos do mundo e a descubrir a súas culturas e costumes.

gu choki pa

 No Xapón teñen un xeito peculiar de xogar a pedra, papel tesoira. Mira:

Folerpiña

Con este inverno frío éntrannos as ganas de ver neve po iso imos cantarlle unha canción a unha folerpiña:

vals das flores

 Esta melodía forma parte do Cascanoces de Pyort Tschaikovsky. Composta en ritmo de vals podemos aproveitala para realizar actividades como as seguintes:

Ani Kuni

Ani Kuni é una canción do nativos de Norte América. Era cantada polos nenos como nana antes de durmir. Imos ver varias formas de traballala na aula:

E Papa Wairi

  E Papa Wairi  é unha canción tradicional dos Maoríes, unha tribo que vive na illa de Nova Zelanda da que proceden os Kiwis.  Cando os nenos e nenas a cantan, xogan a pasarse paus como un xogo de habilidade e destreza. Aprenderemos este acompañamento con claves ou baquetas: