A Carolina é unha peza popular galega moi coñecida. De seguro que xa a coñeces pero imos aproveitala para escoitar diferentes versións, con distintos instrumentos e diferentes voces:
Os galegos e galegas sempre estivemos moi unidos a música. A nosa é unha música propia e única e dende hai moito acompáñanos nas nosas festas e romerías. Imos adicar esta publicación a coñecer algún dos instrumentos que dan carácter ao noso folclore musical.
O gato no saco é unha cantiga que o grupo A Roda fixo moi popular en toda Galicia pero que foi creada aquí ao lado en Vilariño, en Aldán. Aquí podes coñecer a historia completa:
A Muiñeira de Chantada é unha peza tradicional galega composta en 1865. A muiñeria é unha danza tradicional galega que se tocaba e bailaba esperando a que se moera o gran nos muiños. Nesta ocasión imos ver cantos instrumentos recoñecemos neste vídeo para falar de como se tocan e como soan sen esquecernos dos bailes e das roupas.
A zanfona é un instrumento de orixe medieval pero que hoxe en día ten moito que dicir. Aquí poderás descubrir cousas deste instrumento e escoitar como é o seu son:
A danza de Meirol é unha composición de Berrogüetto, formación galega adicada a modernizar a música tradicional de Galicia. Berrogüetto combinan, entre outros, instrumentos tradicionais como a gaita ou a zanfona con outros máis modernos como a batería ou o baixo eléctrico.