Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta proxectos

Misirlou (Exipto)

 Esta melodía é tradicional de Exipto, país que están investigando os de primeiro.  Será a canción coa que ralizarán o seu baile de fin de curso, pero antes poden aprender as partes e movementos seguindo este musicograma:

Os himnos nacionais

  Na Guia andamos coñecendo e investigando paises do mundo.  Como sabedes, cada país ten un himno que o representa. Estes himnos son cancións que falan das virtudes do país e o orgullo dos seus habitantes. Moitos deles teñen orixes militares (para animar aos soldados que ían as guerras) e isto pódese notar nas súas letras ou instrumentación.   Hoxe en día, onde máis os escoitamos é en competicións deportivas internacionais nas que os deportistas posan orgullosos mentres soa o himno da súa nación.   Aquí tes unha selección dos himnos nacionais dos países que eliximos en cada aula: China: Francia: Portugal: Exipto: Rusia: India: Italia: Xapón: E para rematar aquí tes os himnos das nosas nacións: Galicia: España: Europa:

A música moderna en China

 China é o país que elixiron os Osos para invertigar durante este curso. Aquí atoparás unha selección das cancións modernas  máis escoitadas no país nipón.

A música moderna na India

   India é o país elixido por 4º para investigar durante este curso.  Hoxe queren aproveitar para facer unha selección de música moderna deste país tan peculiar e carismático.

Os bailes para fin de curso

  Bailes para Golfitur

A música moderna en Rusia

 Rusia é o país elixido por 3º para investigar durante este curso.  Hoxe queren aproveitar para facer unha selección de música moderna deste país e adicala a pedir o fin da guerra entre Ucrania e Rusia.

A música moderna en Francia

 A clase dos Caracois e os Osos fannos viaxar a Francia cunha selección de música moderna que máis se escoita neste país.

A música moderna en Italia

 Italia é o país escollido polo quinto curso. España e Italia teñen mito en común e a súa música tamén é un punto de encontro.  Moitos artistas traducen as súas cancións para poder darse a coñecer nos dous países e nesta ocasión coñeceremos como é o panorama actual da música no país da pizza e a pasta.

A música moderna en Xapón

 Na clase de sexto están descubrindo Xapón e quixeron coñecer como é a música moderna que se escoita neste interesante país. Velaquí unha selección dos artistas máis escoitados de J-pop no país nipón:

A música moderna en Exipto

  Exipto é un pais moi interesante, tanto pola súa historia como polo seu mundo actual. Os de segundo, andan investigando cousas sobre este país tan distinto ao noso.    Na clase de música tamén quixemos coñecer como é a música moderna deste exótico país.   Velaquí un pequeno exemplo da música moderna máis escoitada hoxe en día en Exipto: