Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Música clásica

A morte na música clásica

⚰️ A MÚSICA CLÁSICA E A MORTE Marchas fúnebres, réquiems e despedidas O Samaín no só é para disfrazarse de monstros. o 1 de novembro tamén se celebra o Día de todos os defuntos. Nesta data lembrámonos dos seres queridos e coñecidos que xa non están con nós. 

O medo na música clásica

  🎃 A MÚSICA CLÁSICA TAMÉN DÁ MEDO! 👻 Sabías que os compositores e as compositoras de música clásica tamén crearon melodías capaces de poñernos os pelos de punta? Con violíns arrepiantes, sons misteriosos, ritmos que aceleran e grandes contrastes de intensidade, a música pode levarnos a un mundo de esqueletos, bruxas, monstros e criaturas fantásticas. Nesta selección escoitaremos obras de distintas épocas e descubriremos como a música consegue transmitir medo, tensión, maxia e misterio. Tamén coñeceremos a música de mulleres compositoras.

Guillermo Tell - Rossini

 O famoso compositor de óperas Giochino Rossini creou a música para acompañar á historia de Guillemo Tell, un dos arqueiros máis lexendarios de Europa. Coñecías a historia de Guillermo Tell?. Podes descubrila escoitando este conto:   Rossini compuso numerosas óperas en toda a súa vida, pero esta foi a última. Non se sabe moi ben por que pero o público da súa época non quedou contento co resultado. Hoxe en día a súa música é lembrada e recoñecida en todo o mundo.  As melodías desta ópera son usadas para acompañar moitos momentos do cine.  Imos acompañar a overtura, o final da peza coa seguite partitura: Música para acompañar (do 7:56 ao 9:03) Con este vídeo podemos aproveitar para coñecer os instrumentos da orquestra clásica: (preme na imaxe para coñecer máis información) Uns exemplos de distintos acompañamentos para a aula: Que é a ópera:

Himno da alegría

Coñecida como  Oda a alegría, Himno da alegría ou Novena sinfonía de Beethoven é unha melodía moi popular en todo o mundo.   Foi composta por  Ludwig van Beethoven  en 1824 sobre un poema de    Friedrich von Schiller  e hoxe en día é patrimonio da humanidade declarada pola UNESCO e tamén o himno da Unión Europea.  Con esta partitura podes comezar a tocala facilmente:  Atréveste a tocala enteira?

O Carnaval dos animais

 O carnaval dos animais é unha serie de pezas musicais compostas por Camille Saint-Saëns en 1886.    Como se dunha visita ao zoolóxico e nun ton humorístico, vanse presentando músicas que representan a distintos animais:

O vals dos gatos

The Waltzing Cat é unha composición de Leroy Anderson. Leroy Anderson escribiu numerosas obras para orquesta clásica nas que añadía un toque de investigación e diversión.

A entrada dos gladiadores

A entrada dos gladiadiores é unha marcha militar composta polo checo   Julius Fučík .  Unha das súas partes fíxose moi famosa pola súa animación sobre todo nos circos dando entrada aos paiasos. 

O Cascanoces, Marcha

O Cascanoces é unha ópera creada por  Piotr Ilich Chaikovski. Nela adáptase un conto de nadal escrito por Alejandro Dumas. Nesta ocasión imos facer unhas actividades cunha das melodías que Chaikovski compuso para esta obra. A Marcha ou Marcha dos soldados de xoguete:    

Danza Húngara n5

Johannes Brahms foi un compositor nacido en Alemania en 1833. 

O outono de Vivaldi

  O outono de Vivaldi: 1. Introdución:      Quen foi Vivaldi     As catro estacións     O outono: danza que celebra o recollido durante o verán (viño) 2. Movemento. Acompasaremos os nosos movementos coa música: Ou tamén podemos facelo con panos: 3. Audición sen imaxes:     Que instrumenos recoñecemos? Que nos parece que soa?     A orquestra clásica. podes rodear nesta imaxe os que cres que están soando: 4. Audición concerto:  5. Musicograma: Outras versións: Tamén podemos sañir ao patio a recolectar follar para crear unha versión de musicograma coas follas e obxectos que recolectamos: 6. Acompañamento con instrumentos: 7.Ritmo corporal: Podemos rematar coloreando un retrato de Vivaldi en ceras, rotuladores, acuarela (tempera moi aguada), etc:

Tritsch tratsch polka

  Tritsch Tratsch Polka é unha composición que Johan Strauss (fillo) compuso en 1854 en Rusia. Esta divertida peza ten un rítmo animado que precisa de moita concentración para seguir a melodía: Coa Filarmónica de Radio France: Ballet e Orquestra Belvedere: Estes vídeos sérvennos para plantexarnos preguntas como... Que instrumentos aparecen?  Cales soan máis ou teñen máis presencia cos outros? Que diferencias atopamos entre as formación dos dous vídeos? Como están colocados os instrumentos? correspóndese coa colocación dos instrumentos no esquema da orquestra? Imos a acompañar a música:

A familia de corda fretada

Imos coñecer unha familia de instrumentos moi popular e moi presente nas composicións e concertos de música clásica. 

A primavera de Vivaldi

  Unha das composicións máis famosas da música clásica é esta obra de Antonio Vivaldi. O compositor do barroco italiano compuso moitas pezas e tocaba o violín. As catro estacións é mundialmente coñecida. 

vals das flores

 Esta melodía forma parte do Cascanoces de Pyort Tschaikovsky. Composta en ritmo de vals podemos aproveitala para realizar actividades como as seguintes:

Os Planetas, Gustav Holst

  Esta é unha tarefa para o Ámbito Artístico que terá como excusa a creación dun colgante do Sistema solar e o traballo coas composicións de Gustav Holst, Os planetas.  Pensada para alumnado de 6 a 8 anos, combinaránse  as Artes Plásticas e as nocións de Música .

Para Elisa

  Para Elisa é unha das composicións máis coñecidas do compositor Ludwin Van Beethoven. Trátase dunha peza musical para un so piano e que Beethoven compuso esta melodía para regalarlla a unha alumna súa. 

O reloxo sincopado

 O reloxo sincopado é unha composición  de 1946  do sueco Leroy Anderson. Nesta divertida peza os instrumentos imitan o son dun reloxo espertador:

A marcha turca de Beethoven

 A marcha turca foi composta en 1811 polo compositor alemán Ludwin Van Beethoven como parte da obra As ruínas de Atenas.

line rider

  Line rider é un videoxogo de construcción e estratexia que se fixo moi popular sobre todo por que os seus usuarios colgan en youtube moitas adaptacións de partidas acompañadas con cancións famosas. Pode ser un gran recurso para aprender música posto que nos permite achegarnos á música clásica e popular dende outro punto de vista. Vótalle un ollo as súas posibilidades con estes exemplos: E velaquí o xogo, por se te animas a construír a túa propia línea de acompañamento. Preme na imaxe:

Marcha Radetzky

Johann Strauss foi un compositor do século XIX. Nacido en Viena foi pai dunha dinastía de músicos clásicos; Johann Strauss fillo, Josef Strauss e Eduard Strauss. A marcha Radeztky, escrita en 1848, foi composta  en honor as victorias bélicas do conde Joseph Wenzel Radeztky. Esta peza tan marchosa é moi divertida para traballar na aula de mitas formas distintas: