Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Percusión corporal

Xogos para Samaín

 Nesta lista de Youtube atoparás unha gran variedade de xogos musicais para realizar no Samaín:

E Papa Wairi

E Papa Wairi é unha canción tradicional dos Maoríes, unha tribo que vive nas illas de Nova Zelanda da que proceden os Kiwis.

Alunelul, Romanía

Alunelul é un pequeno baile tradicional orixinario de Romanía. Moi popular no mundo enteiro, ten variacións dependendo da orixe e da versión. 

Peer Gynt

  Peer Gynt é unha obra noruega escrita en 1867 por Henrik Ibsen. Pensada para interpretarse como obra teatral ou en verso foi necesario engadirlle música para poder facer os cambios de escenarios máis levadeiros para o público.

We will rock you

We Will Rock You  é unha canción de rock composta por Brian May, guitarrista da banda británica Queen. Ten un ritmo moi marcado por palmadas e bombo, e unha parte final de solo de guitarra. Foi editada por primeira vez no sexto álbum de Queen, News of the World, en 1977. Aquí tes unha selección de propostas para traballar en clase: Musicograma: Xogos: Podemos aproveitar para coñecer máis cancións de Queen.

Que neve!

 Este é un xogo moi divertido para recitar con ritmo dividindo a clase en dous grupos.

kokoleoko

  Esta é unha divertida canción que cantan os nenos de Ghana. Nós aproveitarémola para cantar e acompañar con percusión corporal, tocar a partirura, etc:

Ani Kuni

Ani Kuni é una canción do nativos de Norte América. Era cantada polos nenos como nana antes de durmir. Imos ver varias formas de traballala na aula:

Kookaburra

Esta é unha canción australiana sobre o Kookaburra, un paxaro que fai un son moi parecido a nosa risa: A canción:

Heavy and light

 Con esta melodia podemos realizar moitos xogos musicais. Mira cantas propostas distintas: Canción orixinal: Actividades: Xogo das sillas: Con pelotas: Percusión corporal: Outros:

Debajo de un botón

   Debajo de un botón é unha canción popular española moi divertida. Existen distintas versións da súa letra facéndoa máis curta ou mais longa. Aquí  tes varias formas de aprendela e traballala:

O reloxo sincopado

 O reloxo sincopado é unha composición  de 1946  do sueco Leroy Anderson. Nesta divertida peza os instrumentos imitan o son dun reloxo espertador:

Katy Perry

  Katy Perry é unha cantante e actriz estadounidense moi popular neste momento. De seguro que coñeces moitos dos seus éxitos.   Aquí tes unha recopilacuión de varios vídeos con cancións súas que podemos traballar na clase.    Debes prestar moita atención e coordinar os movementos  co pulso das músicas:

A marcha turca de Beethoven

 A marcha turca foi composta en 1811 polo compositor alemán Ludwin Van Beethoven como parte da obra As ruínas de Atenas.

Danza das machadas

 La danza de las hachas, ou danza das machadas en galego, é unha composición medieval recollida por Gaspar Sanz no século XVII.    Con esta melodía  podemos realizar moitas actividades na hora de música. Nestes vídeos tes moitos exemplos diferentes adaptados para distintos niveis: Audición da obra (Joaquín Rodrigo): Musicograma: Con percusión: Con percusión corporal: Recreación do baile medieval:   

Boom, snap, clap

Con esta divertida canción podemos realizar diferentes xogos. Atende a estes vídeos e verás as súas posibilidades:

Xa ven o magosto!

 Este é un recitado rítmico moi divertido que fala das ganas  que temos de magosto e de comer castañas. Está pensado para interpretar en dous equipos a modo de pregunta resposta: Podes escoitar o resultado na clase: manu santiago · Xa Ven O Magosto Recitado Rítmico Para completar a clase pódese realizar este musicograma sobre O outono de Vivaldi:

Isto é Halloween

 O Samaín anda cerca e por iso aproveitamos para acompañar esta divertida canción do filme Pesadelo antes do Nadal de Tim Burton.

Tócalo

  Imos facer o xogo rítmico vocal que nos propón Miguel Cumilla na súa canle.  Primeiro faise coa voz, despois con voz e percusión e para rematar só coa percusión, sen voz. Para facilitarnos a súa realización podemos empregar esta ficha:  

A marcha do coronel Bogey

A Marcha do Coronel Bogey é unha marcha composta en 1914 polo teniente F.J Ricketts (1881-1945), o director da banda musical do exército británico.  As marchas son composicións que acompañan aos soldados cando desfilan.    A marcha do coronel Bogey fíxose famosa por aparecer na película "A ponte sobre o río Kwai" sobre a 2º Guerra Mundial. Imos aproveitar esta composición para practicar a negra e o silencio de negra. Mira como facelo no seguinte vídeo: Podemos aproveitar para analizar a estructura da composición. Para isto propóñovos xuntarvos en grupos de catro.    Partindo da seguinte ficha, recortaremos o título e as letras para ordenalas e conseguir ter a estructura correcta: Despois de ter a estructura correcta, iremos colocando os instrumentos principais de cada parte. O resultado debería ser algo parecido a isto: Agora xa podes ver a unha orquestra completa interpretando a peza:  O utras ideas para traballar  con este tema poden ser: