Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ritmo

O reloxo . Os Fixis

 Esta é unha canción creada para un capítulo dunha serie infantil de personaxes chamados Fixis. Nesta canción falan de que o tempo pasa no reloxo e nunca se detén.

Vals mexicano

 O vals é un ritmo musical que se conta de tres en tres pulsos. Neste caso imos coñecer un vals de México e acompañalo con un xogo rítmico corporal:

Naughty polka

 Unha divertida canción para traballar o ritmo e movemento

Danza dos sete saltos

Esta danza para nenos provén de Dinamarca.  Débese estar moi atentos xa que vai engadindo xestos segundo avanza a música: Estes son algúns exemplos de como traballala na clase e con diferentes idades: Aquí tes unha proposta para acompañala con instrumentos: Nesta versión antes de cada instrumento hay dous golpes de xilófono. Deste xeito a música para acompañar a ficha é a seguinte: Imprimiremos a ficha nun folio A3. Recortaremos pola liña de puntos e dobrarermos as solapas para tapar os instruentos.  Deste xeito iremos destapandoos cando sexa o seu turno de tocar. Cada punto representa un pulso na canción. Versión da ficha sen a entrada dos instrumentos:

As campás de Dunquerque

 As campás de Dunquerque é unha danza tradicional francesa composta sobre o ano 1447 cando foi colocada a primeira campá na igrexa desa vila do norte de Francia.  Con forma AABB, esta danza medieval é moi empregada para que os nenos e nenas interactúen e se coñezan a través do xogo. Xogos e materiais: ficha musicograma

Arte nas mans

No ámbito artístico imos aproveitar as nosas mans para crear arte con elas. Primeiro faremos unha imaxe 3D coa silueta das nosas mans e despois un xogo rítmico.

Oklahoma Mixer

Esta melodía é unha versión dunha canción tradicional dos Estados Unidos moi popular.  Aproveitaremos esta canción para propoñer algunha actividade para levar a aula de Música: Audio da canción Oklahoma mixer: Activiades para a aula: Versión orixinal Turkey in the straw:

Babala Gumbala

   Esta é unha canción de orixe africana. Empreganna os pobos Yaruba, de Nigeria, cando se atopan con outro pobo e a cantan e bailan para darse a benvida.  Na clase podemos traballala de diferentes formas:

Ready Go Music

    Ready Go Music é unha canle de youtube na que podes atopar unha chea de videos cos que practicar as figuras rítmicas con cancións tanto clásicas como modernas.    Están montadas como se dun videoxogo se tratase e son moi divertidas para aprender conceptos musicais e mellorar no teu ritmo.    Estes son exemplos que xa traballamos na aula: Preme an imaxe para visitar a canle:

Isto é Halloween

 O Samaín anda cerca e por iso aproveitamos para acompañar esta divertida canción do filme Pesadelo antes do Nadal de Tim Burton.

A negra e o seu silencio

Para escribir e ler a música úsanse figuras que se colocan no pentagrama. A figura que imos ver hoxe chámase negra.  A negra dura un pulso, o que quere dicir que con cada latexo da música debemos dar un golpe ou dicir unha sílaba. O silencio que dura igual que a negra chámase silencio de negra. Para practicar e coñecelas mellor podemos realizar as seguintes fichas de cocomusic.es : Tamén podes practicar como se interpretan musicalmente cos seguintes vídeos. Como veredes podemos sustituír a negra por unha palabra dunha soa sílaba, como por exemplo TA ou PAN: