Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

Danza das machadas

 La danza de las hachas, ou danza das machadas en galego, é unha composición medieval recollida por Gaspar Sanz no século XVII.    Con esta melodía  podemos realizar moitas actividades na hora de música. Nestes vídeos tes moitos exemplos diferentes adaptados para distintos niveis: Audición da obra (Joaquín Rodrigo): Musicograma: Con percusión: Con percusión corporal: Recreación do baile medieval:   

Los machetes

  O baile tradicional dos machetes é moi popular en  México. Esta espectacular danza realizase suxeitando coitelos de gran tamaño, ferramenta de traballo empregada en moitos pobos mexicanos como Jalisco.   Na clase substituiremos os coitelos por baquetas de madeira pero igualmente debemos estar moi concentrados para realizar ben os seus pasos e movementos:   Tranquilos, que isto non o faremos na aula. Mirade o seguinte vídeo e prestade atención ao baile: A música empregada para acompañar é a seguinte:   

O son dos animais

  Cada animal emite un son característico e propio para a súa especie. O son forma parte da identidade de cada especie e os humanos temos a capacidade de recoñecelos a través do oído.    Con esta ficha podes ir vendo cantos sons animais recoñeces:

Boom, snap, clap

Con esta divertida canción podemos realizar diferentes xogos. Atende a estes vídeos e verás as súas posibilidades:

O bardo do castelo

Este é unha proposta para acompañar  rítmicamente a melodía Castel Bard, unha composición de Brandon Fiechter .  Está baseada nunha célula rítmica que se repite constantemente.  Os bardos eran as persoas encargadas de amenizar con música a vida nos castelos e vilas medievais. Un dos máis famosos é Asurancetúrix, o bardo galo que vive na aldea de Astérix e Obélix. Aquí o vídeo da melodía: e a ficha en castelán:

Xa ven o magosto!

 Este é un recitado rímico moi divertido que fala das ganas  que temos de magosto e de comer castañas. Está pensado para interpretar en dous equipos a modo de pregunta resposta: Podes escoitar o resultado na clase: manu santiago · Xa Ven O Magosto Recitado Rítmico Para completar a clase pódese realizar este musicograma sobre O outono de Vivaldi: