Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

Os himnos nacionais

  Na Guia andamos coñecendo e investigando paises do mundo.  Como sabedes, cada país ten un himno que o representa. Estes himnos son cancións que falan das virtudes do país e o orgullo dos seus habitantes. Moitos deles teñen orixes militares (para animar aos soldados que ían as guerras) e isto pódese notar nas súas letras ou instrumentación.   Hoxe en día, onde máis os escoitamos é en competicións deportivas internacionais nas que os deportistas posan orgullosos mentres soa o himno da súa nación.   Aquí tes unha selección dos himnos nacionais dos países que eliximos en cada aula: China: Francia: Portugal: Exipto: Rusia: India: Italia: Xapón: E para rematar aquí tes os himnos das nosas nacións: Galicia: España: Europa:

Tzadik katamar (como unha palmeira)

Tzadik katamat é unha danza típica de Israel. A súa letra fala de ser unha persoa xusta e humilde que medra como unha palmeira, coas mans abertas ao mundo. É unha danza dividida en dúas partes que se baila en grupo en forma de círculo: Aquí podes ver exemplos de danzas a distintos niveis de dificultade: E aquí a música empregada para a danza: Coa versión cantada podemos aproveitar para falar da instrumentación e as variacións de ritmo e intensidade: