Tes ganas de festexar o Samaín? Con este recitado imos practicar o ritmo vocal e divertirnos con todo o que se pode facer nesta celebración tan escalofriante.
Este é un xogo de imitación no que hay unha parte igual para tod @ s pero outra na que debemos imitar os movementos da persoa a quen lle toque dirixir: A música orixinal é o Branle du rat: Outras variacións: Para introducir o xogo pode ser interesante comezar interiorizando as partes con este musicograma. Tamén se pode traballar de forma independiente para avanzar no ritmo e a instrumentación.
Este é un recitado rítmico moi divertido que fala das ganas que temos de magosto e de comer castañas. Está pensado para interpretar en dous equipos a modo de pregunta resposta: Podes escoitar o resultado na clase: manu santiago · Xa Ven O Magosto Recitado Rítmico Para completar a clase pódese realizar este musicograma sobre O outono de Vivaldi:
Imos facer o xogo rítmico vocal que nos propón Miguel Cumilla na súa canle. Primeiro faise coa voz, despois con voz e percusión e para rematar só coa percusión, sen voz. Para facilitarnos a súa realización podemos empregar esta ficha: