Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo. Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.
Imos a aprender na frauta esta cantiga africana. Esta é a partitura: Practica co vídeo: Se queres cantala ou ver xogos con esta canción podes visitar esta publicación: PREME AQUÍ
Moitos títulos e variacións das letras ten esta melodía popular e navideña. Campanita del lugar, Campanitas del lugar, Estrellita, ¿dónde estás?... en castelán. Pasa o mesmo noutros países; como en francés «Ah! vous dirai-je, Maman», en inglés «Twinkle, Twinkle, Little Star» e en alemán «Morgen kommt der Weihnachtsmann». O xogo do Trivial Pursuit dí que Mozzart foi o compositor desta melodía, xa que este famoso músico compuso ata 12 vaciacións distintas da canción . Pero a primera vez que apareceu escrita foi en Francia en 1761. Podes aprender a tocala coa frauta seguindo esta partitura: Con este vídeo podes practicar para mellorar a túa interpretación:
A danza de Meirol é unha composición de Berrogüetto, formación galega adicada a modernizar a música tradicional de Galicia. Berrogüetto combinan, entre outros, instrumentos tradicionais como a gaita ou a zanfona con outros máis modernos como a batería ou o baixo eléctrico.
Comentarios
Publicar un comentario