Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Partituras

The eye of the tiger

Como parte do traballo sobre o Pop e o Rock, imos aprender a tocar coa frauta e xilófonos este riff de guitarra tan coñecido e machacón! A canción é un clásico de rock que gañou moita fama ao aparecer na película Rocky.

Baby Shark

Seguro que xa coñeces esta canción polas clases de Inglés. Pero es quen de tocala nun instrumento? Aprende a tocala no xilófono ou na frauta  seguindo estas partituras en varias versións por idades.

Himno da alegría

Coñecida como  Oda a alegría, Himno da alegría ou Novena sinfonía de Beethoven é unha melodía moi popular en todo o mundo.   Foi composta por  Ludwig van Beethoven  en 1824 sobre un poema de    Friedrich von Schiller  e hoxe en día é patrimonio da humanidade declarada pola UNESCO e tamén o himno da Unión Europea.  Con esta partitura podes comezar a tocala facilmente:  Atréveste a tocala enteira?

As posicións na frauta

Para tocar mellor a frauta é necesario coñecer e practicar as posicións para facer soar as notas. Con esta ficha podes recordar como é a postura de cada unha das notas: Tamén podes seguir os consellos que dan no seguinte vídeo. Son moi útiles e mellorarás moito se lle fas caso e o practicas:

Mary had a little lamb

  Mary ten un cordeiriño é unha canción popular estadounidense coñecida no mundo enteiro.    Foi rexistrada por primeira vez no século XIX.   Podes aprender a tocala seguindo esta partitura: E practicar con este vídeo:

Dulce navidad

Velaquí a partitura para que poidas tocar esta melodía de Nadal en xilófonos e instrumentos de teclas:

En la granja de mi tío

Esta é unha coñecida canción moi divertida de cantar e tocar. con esta partitura poderás tocala rapidamente se a practicas con atención. Fíxate que as dúas primeiras frases e a última teñen as mesmas notas:

Osito gominola

 Queres aprender a tocar esta divertida melodía?  Aquí tes varias partituras para poder chegar a tocala con mestría!:

Coffin dance (danza dos cadaleitos)

 Esta melodía fíxose moi popular por un meme que deu voltas pola internet de todo o planeta. Seguro que tí tamén o compartiches con alguén ou bailaches coa súa canción.     Sabías que no país de Ghana cando unha persoa morre, despídense dela facéndolle unha gran festa e bailando?   A canción orixinal que acompaña as imaxes é Astronomia 2k19 de Stephan F. Foi engadida despois para que o vídeo dera mais gracia (non é a que bailaban realmente). 

Debajo de un botón

   Debajo de un botón é unha canción popular española moi divertida. Existen distintas versións da súa letra facéndoa máis curta ou mais longa. Aquí  tes varias formas de aprendela e traballala:

Cumpreanos feliz

Aprende a tocar esta sinxela canción. aquí tes a partitura escrita de distintas formas para que podas practicala como mellor a entendas.  Seguro que lla podes tocar a alguén nalgunha ocasión especial:

Un elefante se balanceaba

  Aprende a tocar coa frauta ou con calquer instrumento esta famosa canción:

A música de Star Wars

 John Williams é un dos mais recoñecidos compositores de música para películas. Compuso, entre outras, a banda sonora de Supermán, Tiburón, E.T., Indiana Jones, Jurasic Park, ou Harry Potter.   En 1977 compuso a música que leva acompañando a saga de Star Wars ata hoxe en día.  Se queres aprender atocar estas melodías podes comezar con estas partituras adaptadas:   Aquí tes as melodías interpretadas por orquestras:

Oh! Susana

"Oh! Susanna" é unha canción tradicional americana composta por Stephen Foster  en 1848. Moi popular en todo o mundo, ten unha versión da letra en español. Neste caso imos acompañala con vasos: Se queres aprender a tocala podes ver os seguintes tutoriais: Con frauta: Con teclas: E aquí tes unha partitura: