Saltar ao contido principal

Coffin dance (danza dos ataudes)

 Esta melodía fíxose moi popular por un meme que deu voltas pola internet de todo o planeta. Seguro que tí tamén o compartiches con alguén ou bailaches coa súa canción. 

  Sabías que no país de Ghana cando unha persoa morre, despídense dela facéndolle unha gran festa e bailando? 

  A canción orixinal que acompaña as imaxes é Astronomia 2k19 de Stephan F.  


  Na aula de Educación Musical aproveitamos esta canción para practicar cos instrumetnos e aprender as súas notas musicais. 

  Aquí tes as partituras:


Por cores:

Versión en castellano:
A idea xorde do vídeo que compartiu este gran youtuber:


Nota: pódese acompañar en piano ou guitarra cos acordes:   SIb / DO / REm  /  REm




Comentarios

O máis visto:

Os sons do corpo humano

Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo.  Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.

Kololeoko (Frauta)

Imos a aprender na frauta esta cantiga africana. Esta é a partitura: Practica co vídeo: Se queres cantala ou ver xogos con esta canción podes visitar esta publicación: PREME AQUÍ

Estrellita, ¿dónde estás?

Moitos títulos e variacións das letras ten esta melodía popular e navideña.  Campanita del lugar,  Campanitas del lugar,  Estrellita, ¿dónde estás?...  en castelán. Pasa o mesmo noutros países; como en francés  «Ah! vous dirai-je, Maman», en inglés «Twinkle, Twinkle, Little Star» e en alemán «Morgen kommt der Weihnachtsmann». O xogo do Trivial Pursuit  dí que Mozzart foi o compositor desta melodía, xa que este famoso músico compuso ata 12 vaciacións distintas da canción . Pero a primera vez que apareceu escrita foi en Francia en 1761. Podes aprender a tocala coa frauta seguindo esta partitura:  Con este vídeo podes practicar para mellorar a túa interpretación:

Lou Pripet

Lou Pripet é unha danza tradicional eslovaca. Consta de dúas partes que se repiten e con ela podemos facer diferentes xogos:

Danza de Meirol, Berrogüetto

    A danza de Meirol é unha composición de Berrogüetto, formación galega adicada a modernizar a música tradicional de Galicia.    Berrogüetto combinan, entre outros, instrumentos tradicionais como a gaita ou a zanfona con outros máis modernos como a batería ou o baixo eléctrico.