Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

Musication

 Musication é unha canle de youtube na que podes atopar unha chea de musicogramas de cancións populares, tanto clásicas como modernas. Están montadas como se dun videoxogo se tratase e son moi divertidas para aprender conceptos musicais.  Estes son exemplos que xa traballamos na aula: Tamén ten adaptacións con notas para xilófonos ou con boom shakers coa notación en inglés. Podes ver máis vídeos na súa cale de youtube:    https://www.youtube.com/user/derjanson

line rider

  Line rider é un videoxogo de construcción e estratexia que se fixo moi popular sobre todo por que os seus usuarios colgan en youtube moitas adaptacións de partidas acompañadas con cancións famosas. Pode ser un gran recurso para aprender música posto que nos permite achegarnos á música clásica e popular dende outro punto de vista. Vótalle un ollo as súas posibilidades con estes exemplos: E velaquí o xogo, por se te animas a construír a túa propia línea de acompañamento. Preme na imaxe:

Tócalo

  Imos facer o xogo rítmico vocal que nos propón Miguel Cumilla na súa canle.  Primeiro faise coa voz, despois con voz e percusión e para rematar só coa percusión, sen voz. Para facilitarnos a súa realización podemos empregar esta ficha: