Águia Musical · 4º de Educación Primaria · Instrumentos de corda O CONTRABAIXO Un xigante de cordas que nos convida a descubrir os sons graves da música. Escoitaremos, observaremos e xogaremos para descubrir o seu son e a súa función musical.
Que podemos escoitar cando esperta un novo día? Imos descubrilo a través dunha das melodías máis coñecidas da música clásica. 🎼 COÑECEMOS A MÚSICA A mañá é unha peza musical composta por Edvard Grieg (1843-1907) , un compositor noruegués que viviu hai máis de cen anos. Esta música foi creada para acompañar unha obra de teatro chamada Peer Gynt , escrita polo autor Henrik Ibsen. Grieg compuxo a música entre 1874 e 1875.