Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Linguaxe musical

Practicamos a lectura rítmica

Esta é unha selección de vídeos que traballamos na aula e cos que podemos mellorar a nosa lectura musical e o ritmo:

A corchea e o seu silencio

Para escribir e ler a música úsanse figuras que se colocan no pentagrama. A figura que imos ver hoxe chámase corchea. A corchea dura medio pulso, o que quere dicir que con cada latexo da música debemos dar dous golpes ou dicir dúas sílabas. Estes golpes ou sílabas duran xusto a metade do tempo que dura un pulso. O silencio que dura igual que a corchea chámase silencio de corchea. Silencio de corchea Imos practicar as corcheas e coñecelas mellor coas seguintes fichas de cocomusic.es :   Agora imos interpretar corcheas acompañando a música con estes vídeos. Como verás poder dicir as corcheas coas sílabas TITI ou con palabras de dúas sílabas como CASA:   Co seguinte xogo verás se as entendiche ben. A ver se adiviñas cal dos exemplos é o que soa:

A negra e o seu silencio

Para escribir e ler a música úsanse figuras que se colocan no pentagrama. A figura que imos ver hoxe chámase negra.  A negra dura un pulso, o que quere dicir que con cada latexo da música debemos dar un golpe ou dicir unha sílaba. O silencio que dura igual que a negra chámase silencio de negra. Para practicar e coñecelas mellor podemos realizar as seguintes fichas de cocomusic.es : Tamén podes practicar como se interpretan musicalmente cos seguintes vídeos. Como veredes podemos sustituír a negra por unha palabra dunha soa sílaba, como por exemplo TA ou PAN: