Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

A corchea e o seu silencio

Para escribir e ler a música úsanse figuras que se colocan no pentagrama. A figura que imos ver hoxe chámase corchea. A corchea dura medio pulso, o que quere dicir que con cada latexo da música debemos dar dous golpes ou dicir dúas sílabas. Estes golpes ou sílabas duran xusto a metade do tempo que dura un pulso. O silencio que dura igual que a corchea chámase silencio de corchea. Silencio de corchea Imos practicar as corcheas e coñecelas mellor coas seguintes fichas de cocomusic.es :   Agora imos interpretar corcheas acompañando a música con estes vídeos. Como verás poder dicir as corcheas coas sílabas TITI ou con palabras de dúas sílabas como CASA:   Co seguinte xogo verás se as entendiche ben. A ver se adiviñas cal dos exemplos é o que soa:

A negra e o seu silencio

Para escribir e ler a música úsanse figuras que se colocan no pentagrama. A figura que imos ver hoxe chámase negra.  A negra dura un pulso, o que quere dicir que con cada latexo da música debemos dar un golpe ou dicir unha sílaba. O silencio que dura igual que a negra chámase silencio de negra. Para practicar e coñecelas mellor podemos realizar as seguintes fichas de cocomusic.es : Tamén podes practicar como se interpretan musicalmente cos seguintes vídeos. Como veredes podemos sustituír a negra por unha palabra dunha soa sílaba, como por exemplo TA ou PAN:     

A marcha do coronel Bogey

A Marcha do Coronel Bogey é unha marcha composta en 1914 polo teniente F.J Ricketts (1881-1945), o director da banda musical do exército británico.  As marchas son composicións que acompañan aos soldados cando desfilan.    A marcha do coronel Bogey fíxose famosa por aparecer na película "A ponte sobre o río Kwai" sobre a 2º Guerra Mundial. Imos aproveitar esta composición para practicar a negra e o silencio de negra. Mira como facelo no seguinte vídeo: Podemos aproveitar para analizar a estructura da composición. Para isto propóñovos xuntarvos en grupos de catro.    Partindo da seguinte ficha, recortaremos o título e as letras para ordenalas e conseguir ter a estructura correcta: Despois de ter a estructura correcta, iremos colocando os instrumentos principais de cada parte. O resultado debería ser algo parecido a isto: Agora xa podes ver a unha orquestra completa interpretando a peza:  O utras ideas para traballar  con este tema poden ser:

Tritsch tratsch polka

  Tritsch Tratsch Polka é unha composición que Johan Strauss (fillo) compuso en 1854 en Rusia. Esta divertida peza ten un rítmo animado que precisa de moita concentración para seguir a melodía: Coa Filarmónica de Viena: Ballet e Orquestra Belvedere: Estes vídeos sérvennos para plantexarnos preguntas como... Que instrumentos aparecen?  Cales soan máis ou teñen máis presencia cos outros? Que diferencias atopamos entre as formación dos dous vídeos? Como están colocados os instrumentos? correspóndese coa colocación dos instrumentos no esquema da orquestra? Imos a acompañar a música: