Para escribir e ler a música úsanse figuras que se colocan no pentagrama. A figura que imos ver hoxe chámase negra.
A negra dura un pulso, o que quere dicir que con cada latexo da música debemos dar un golpe ou dicir unha sílaba.
O silencio que dura igual que a negra chámase silencio de negra.
Para practicar e coñecelas mellor podemos realizar as seguintes fichas de cocomusic.es:
Tamén podes practicar como se interpretan musicalmente cos seguintes vídeos. Como veredes podemos sustituír a negra por unha palabra dunha soa sílaba, como por exemplo TA ou PAN:
Comentarios
Publicar un comentario