Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo. Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.
A Muiñeira de Chantada é unha peza tradicional galega composta en 1865. A muiñeria é unha danza tradicional galega que se tocaba e bailaba esperando a que se moera o gran nos muiños. Nesta ocasión imos ver cantos instrumentos recoñecemos neste vídeo para falar de como se tocan e como soan sen esquecernos dos bailes e das roupas.
Comentarios
Publicar un comentario