We Will Rock You é unha canción de rock composta por Brian May, guitarrista da banda británica Queen. Ten un ritmo moi marcado por palmadas e bombo, e unha parte final de solo de guitarra.
Foi editada por primeira vez no sexto álbum de Queen, News of the World, en 1977.
Aquí tes unha selección de propostas para traballar en clase:
Musicograma:
Xogos:
Podemos aproveitar para coñecer máis cancións de Queen.
Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo. Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.
Tritsch Tratsch Polka é unha composición que Johan Strauss (fillo) compuso en 1854 en Rusia. Esta divertida peza ten un rítmo animado que precisa de moita concentración para seguir a melodía: Coa Filarmónica de Radio France: Ballet e Orquestra Belvedere: Estes vídeos sérvennos para plantexarnos preguntas como... Que instrumentos aparecen? Cales soan máis ou teñen máis presencia cos outros? Que diferencias atopamos entre as formación dos dous vídeos? Como están colocados os instrumentos? correspóndese coa colocación dos instrumentos no esquema da orquestra? Imos a acompañar a música:
Debajo de un botón é unha canción popular española moi divertida. Existen distintas versións da súa letra facéndoa máis curta ou mais longa. Aquí tes varias formas de aprendela e traballala:
Wishi ta Tuia é unha antiga canción dos indios nativos americanos. Pode ser acompañada con xestos e con bailes e é moi divertida. Aquí uns exemplos de como traballala na aula: Esta é unha versión da música un pouco máis cercana á orixinal https://www.youtube.com/watch?v=77uuxwqIHxA
Coñecida como Oda a alegría, Himno da alegría ou Novena sinfonía de Beethoven é unha melodía moi popular en todo o mundo. Foi composta por Ludwig van Beethoven en 1824 sobre un poema de Friedrich von Schiller e hoxe en día é patrimonio da humanidade declarada pola UNESCO e tamén o himno da Unión Europea. Con esta partitura podes comezar a tocala facilmente: Atréveste a tocala enteira?
Comentarios
Publicar un comentario