Saltar ao contido principal

O Carnaval dos animais

 O carnaval dos animais é unha serie de pezas musicais compostas por Camille Saint-Saëns en 1886. 

  Como se dunha visita ao zoolóxico e nun ton humorístico, vanse presentando músicas que representan a distintos animais:

1. Introdución/O león:


Pianos, violíns, violas, violonchelos e contrabaixos son os intertpretes nesta composición na que se prestades atención podedes escoitar os ruxidos do león.
Musicograma:

Actividades para a aula:

2. Galiñas e galos:


Os pianos, clarinetes, violíns e violas cacarexan como galiñas e galos. 

3. Hemións:

Os hemiones son uns equinos parececidos a cabalos ou burros que viven en Asia. Nesta peza podemos escoitar unha carreira de Hemións:

4. As tartarugas:

Escrita para piano, violín, viola, violonchelo e contrabaixo sobrea abase do Can-can pero nun ritmo moitísimo máis lento:

musicograma:


5. O elefante:

Peza escrita para piano e contrabaixo:
Aquí algún exemplo de musicograma para que sigades os movementos da melodía:
E imos xogar coa canción:

Para completar o traballo, podedes realizar un collage cubrindo de recortes de revistas esta silueta de elefante:

6. O canguro:

Nesta ocasión os pianos imitan o salto dos canguros:

7. Acuario:

Os animais mariños son os protagonistas desa peza. Interpretánnos frautas, armónicas de auga, violíns, viola, violonchelo e piano:

Musicogramas:

Actividades para a aula:

8. Asnos personaxes con orellas longas):

Esta é a peza mais curta de todas. Dous violíns imitan o orneo dos burros:

9. O cuco no fondo do bosque:

Os pianos imitan os sons da fraga e o clarinete fai de cuco:


Actividades para a aula:

10. Aves (aviario):

Sobre un fondo interpretado polas cordas, os pianos e as frautas farán o son de varias aves:

11. Os pianistas:

Esta é a única parte na que os animais non son os protagonistas. 

Nela Saëns quere representar a un grupo de estudiantes de piano que ensaian exercicios de escalas.

12. Fósiles:

Calquer zoo que se precie ten que ter unha sala adicada aos fósiles. Por iso Saëns compuso esta peza na que pianos, violíns, violas, violonchelo, contrabaixo, clarinete e xilófono se divertiran con vellas melodías.

Musicograma:

Actividades para aula:

13. O cisne:

Escrita para violonchelo e piano representa a un cisne flotando na auga dun lado:


Musicograma:

13. Final:

Moi alegre e dinámica nela van aparecendo a modo de resumo os animais que protagonizaron as pezas anteriores. 

Os instrumentos que escoitaremos serán Pianos, violíns, violas, violonchelos, contrabaixo, frauta, clarinete e armónica de cristal 










 



Comentarios

O máis visto:

Os sons do corpo humano

Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo.  Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.

Kololeoko (Frauta)

Imos a aprender na frauta esta cantiga africana. Esta é a partitura: Practica co vídeo: Se queres cantala ou ver xogos con esta canción podes visitar esta publicación: PREME AQUÍ

Estrellita, ¿dónde estás?

Moitos títulos e variacións das letras ten esta melodía popular e navideña.  Campanita del lugar,  Campanitas del lugar,  Estrellita, ¿dónde estás?...  en castelán. Pasa o mesmo noutros países; como en francés  «Ah! vous dirai-je, Maman», en inglés «Twinkle, Twinkle, Little Star» e en alemán «Morgen kommt der Weihnachtsmann». O xogo do Trivial Pursuit  dí que Mozzart foi o compositor desta melodía, xa que este famoso músico compuso ata 12 vaciacións distintas da canción . Pero a primera vez que apareceu escrita foi en Francia en 1761. Podes aprender a tocala coa frauta seguindo esta partitura:  Con este vídeo podes practicar para mellorar a túa interpretación:

Lou Pripet

Lou Pripet é unha danza tradicional eslovaca. Consta de dúas partes que se repiten e con ela podemos facer diferentes xogos:

Danza de Meirol, Berrogüetto

    A danza de Meirol é unha composición de Berrogüetto, formación galega adicada a modernizar a música tradicional de Galicia.    Berrogüetto combinan, entre outros, instrumentos tradicionais como a gaita ou a zanfona con outros máis modernos como a batería ou o baixo eléctrico.