Escoitando a Gymnopedie nº1 de Erik Satie podes xogar a relaxarte imaxinádote a seguinte historia: _____________________________________ É unha noite de inverno. A lúa está chea e o ceo claro. Hai algunhas nubes que comezan a deixar cair as folerpas pouco a pouco. Hai fresco pero o aire é agradable e a brisa suave. Tí estás nun claro dun bosque, tumbado/a na neve. As notas do piano soan cando as folerpas de neve caen sobre a túa cara, as túas mans, nos pes, etc. Move moi despacio os teus brazos e pernas imaxinando que estás debuxando anxos na neve do chan. _____________________________________ Pecha os ollos despois de ler estas instruccións e lémbrate de imaxinarte cada detalle. Tamén podes pedirlle a outra persoa que faga de narrador da historia mentres tí te relaxas.