Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

Estrellita, ¿dónde estás?

Moitos títulos e variacións das letras ten esta melodía popular e navideña.  Campanita del lugar,  Campanitas del lugar,  Estrellita, ¿dónde estás?...  en castelán. Pasa o mesmo noutros países; como en francés  «Ah! vous dirai-je, Maman», en inglés «Twinkle, Twinkle, Little Star» e en alemán «Morgen kommt der Weihnachtsmann». O xogo do Trivial Pursuit  dí que Mozzart foi o compositor desta melodía, xa que este famoso músico compuso ata 12 vaciacións distintas da canción . Pero a primera vez que apareceu escrita foi en Francia en 1761. Podes aprender a tocala coa frauta seguindo esta partitura:  Con este vídeo podes practicar para mellorar a túa interpretación:

Baby Shark

 Seguro que xa coñeces esta canción polas clases de Inglés. Pero es quen de tocala nun instrumento? Aprende a tocala no xilófono ou na frauta  seguindo estas partituras en varias versións por idades.

A Carolina

A Carolina é unha peza popular galega moi coñecida. De seguro que xa a coñeces pero imos aproveitala para escoitar diferentes versións, con distintos instrumentos e diferentes voces:

Guillermo Tell - Rossini

 O famoso compositor de óperas Giochino Rossini creou a música para acompañar á historia de Guillemo Tell, un dos arqueiros máis lexendarios de Europa. Coñecías a historia de Guillermo Tell?. Podes descubrila escoitando este conto:   Rossini compuso numerosas óperas en toda a súa vida, pero esta foi a última. Non se sabe moi ben por que pero o público da súa época non quedou contento co resultado. Hoxe en día a súa música é lembrada e recoñecida en todo o mundo.  As melodías desta ópera son usadas para acompañar moitos momentos do cine.  Imos acompañar a overtura, o final da peza coa seguite partitura: Música para acompañar (do 7:56 ao 9:03) Con este vídeo podemos aproveitar para coñecer os instrumentos da orquestra clásica: (preme na imaxe para coñecer máis información) Uns exemplos de distintos acompañamentos para a aula: Que é a ópera:

Himno da alegría

Coñecida como  Oda a alegría, Himno da alegría ou Novena sinfonía de Beethoven é unha melodía moi popular en todo o mundo.   Foi composta por  Ludwig van Beethoven  en 1824 sobre un poema de    Friedrich von Schiller  e hoxe en día é patrimonio da humanidade declarada pola UNESCO e tamén o himno da Unión Europea.  Con esta partitura podes comezar a tocala facilmente:  Atréveste a tocala enteira?

As posicións na frauta

Para tocar mellor a frauta é necesario coñecer e practicar as posicións para facer soar as notas. Con esta ficha podes recordar como é a postura de cada unha das notas: Tamén podes seguir os consellos que dan no seguinte vídeo. Son moi útiles e mellorarás moito se lle fas caso e o practicas:

Mary had a little lamb

  Mary ten un cordeiriño é unha canción popular estadounidense coñecida no mundo enteiro.    Foi rexistrada por primeira vez no século XIX.   Podes aprender a tocala seguindo esta partitura: E practicar con este vídeo: