Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

Familia de percusión

A familia de percusión é a famila de instrumentos mais antiga, xa que os primeiros instrumentos musicais da humanidade foron os obxectos que os nosos antepasados tiñan ao seu carón e podían golpear. Dentro desta familia aparece unha gran variedade de instrumentos que se poden clasificar en Idiófonos, cando producen son co seu corpo (láminas, placas, chapas, sementes...), e menbranófonos, os que producen son golpeando a súa membrana ou pel.  Tamén é importante ter en conta que algún destes instrumentos poden facer escalas musicais afinadas como a marimba, os xilófonos ou os metalófonos e outros, como as maracas, as claves ou os platos, non poden. Imos ver vídeos para coñecelos mellor: Os timbais: As congas: Os bongós: A caixa: Bombo: Djembé: Pandeireta: A batería: O triángulo: Xilófono: Claves: Castañolas: Tarrañolas: Platos: Marimba: Maracas: Axóuxeres: Hata aquí chegamos pero a familia de percusión é moi popular e por todas as partes do mundo aparecen instrumentos de percusión dis...