Saltar ao contido principal

contrabaixo virtual

Ilustración dun contrabaixo de madeira marrón, con catro cordas e arco

O noso contrabaixo

Escolle un timbre e preme as posicións das cordas para tocar. A primeira columna corresponde ás cordas ao aire. Co son de arco podes manter premida unha nota para soster o son.

Escolle unha posición para tocar.

Os números e as letras das notas de cor indican que teclas do ordenador podes premer. Podes tocar varias cordas á vez.

Sobre o instrumento

O contrabaixo ten catro cordas afinadas, de grave a agudo, en Mi, La, Re e Sol. No debuxo aparecen de arriba abaixo: Sol, Re, La e Mi. A corda de Mi é a máis grosa e grave. Ao avanzar un traste, o son sobe un semitón. As casillas sen rótulo corresponden a notas con sostido ou bemol.

Cada corda corresponde a unha fila do teclado, de esquerda a dereita desde a nota ao aire ata o traste 7. Tamén podes moverte con Tab e tocar a posición enfocada con Intro ou Espazo.

Proba: toca Mi, Fa, Sol e La na corda de Mi. Despois cambia entre pizzicato e arco para comparar como cambia o timbre sen cambiar as notas.

O timbre de arco utiliza mostras gravadas dun contrabaixo Otto Rubner de 1958, interpretado por D. Smolken e publicado con licenza CC0 1.0. Os timbres de pizzicato suave, brillante e os harmónicos son modelos sonoros sintetizados para ofrecer diferentes cores do instrumento.

Comentarios

O máis visto:

Paula Rojo & The Wild Horses - Si Me Voy (Cups)

Con un vaso de plástico e este tutorial poderás acompañar esta divertida canción: Velaquí o videclip para acompañar:

Os sons do corpo humano

Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo.  Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.

Kololeoko (Frauta)

Kokoleoko: unha cantiga africana Imos aprender a tocar na frauta doce Kokoleoko , unha cantiga tradicional africana moi coñecida e alegre. Primeiro aprenderemos a melodía pouco a pouco e despois intentaremos interpretala acompañando a música. Prepara a frauta e... imos alá!

A saia da Carolina, en frauta

Aquí tes as partituras e un vídeo co que podes practicar A saia da Carolina coa frauta:

Estrellita del lugar

Aprende a tocar esta melodía! Esta coñecida cantiga popular e de Nadal conta con multitude de títulos e variacións na súa letra arredor do mundo.