Saltar ao contido principal

Paisaxes sonoras 3º e 4º

Neste ámbito coñeceremos algo máis das diferentes paisaxes que podemos atopar en Moaña. 

A través destes lugares iremos descubrindo aspectos estéticos e tamén sonoros. Ademais tomaremos conciencia da importancia de conservalos.

E como resultado final realizaremos unha exposición de dioramas sonoros sobre algunha das paisaxes de Moaña.

Comezaremos coñecendo algún dos lugares máis característicos:  

 Paisaxes de río 

Río da Fraga:
Poza da Moura:
Río dos Ladróns
Rialdarca
 Paisaxes de monte 

Monte de Chandarquiña:
Monte aberto:
Monte Paralaia:
Montefaro (Xaxán)
 Paisaxes de mar 

Porto de Moaña
Zonas de rochas
Praia da Xunqueira:
Praia do Con:
As bateas:

 Espazos urbanos 

Parque da alameda:
Parque de San Bartolomeu:
Concepción Arenal:
As Barxas:
Portal do almacén:
Praza do concello:
Igrexa de San Martiño:
Rúas da periferia
Plaza de abastos:
 Espazos rurais 

Agro, veiga
Campo, souto

Escolleremos un destes sitios ou outro que coñezamos para ir alí, facer fotografías e rexistrar sons, que logo traeremos a clase. 


 Que é unha paisaxe sonora? 

Unha paisaxe sonora é o conxunto de sons que podemos apreciar en cada espazo. Estes sons varían dependendo dunha serie de factores como:

- Os sons propios dos animais que alí viven. 
- Os obxectos e máquinas que hai. 
- Se hai persoas ou non. 
- O clima que está facendo.
- A estación do ano na que nos atopamos. 
- O momento do día. 
E moitos outros aspectos.

Aquí tes uns exemplos:


Cando se rexistra unha paisaxe sonora é moi importante non facer ningún  sonido que contamine o que está pasando nese momento. 

Tamén é interesante realizar apuntes nun caderno sobre o lugar, explicar que pasou, a data e a hora ou mesmo tomar as coordenadas GPS.

 Lugar:                    GPS:           
 Toma:                                        
 Día e hora:                                
 Observacións:                           
                                                   
                                                   

Deste xeito pódese gardar un arquivo e comparalo con outros momentos do día, distintas estacións do ano ou mesmo despois de moitos anos. 


Que podemos facer cunha paisaxe sonora?

Unha maqueta artística dese espazo (diorama):

Unha cápsula do tempo para comparar o pasado e futuro:

Ter unha colección de sons. Anotaremos o lugar onde se gravou, as coordenadas GPS, a toma, a data e a hora e as observacións (algo que gravamos nunha toma, pero que en outra non pasou, por exemplo, algo curioso...)







Compartilos en internet:

Un concerto:

Partindo dunha imaxe (cadro famoso, fotografía, debuxo, fragmento dun vídeo, etc.) podemos inventar os sons que acompañan a esa imaxe.
Tamén podemos coñecer outros lugares do mundo:
arcadeviento

Velaquí  os nosos dioramas de Moaña:

Comentarios

O máis visto:

Os sons do corpo humano

Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo.  Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.

Kololeoko (Frauta)

Imos a aprender na frauta esta cantiga africana. Esta é a partitura: Practica co vídeo: Se queres cantala ou ver xogos con esta canción podes visitar esta publicación: PREME AQUÍ

Estrellita, ¿dónde estás?

Moitos títulos e variacións das letras ten esta melodía popular e navideña.  Campanita del lugar,  Campanitas del lugar,  Estrellita, ¿dónde estás?...  en castelán. Pasa o mesmo noutros países; como en francés  «Ah! vous dirai-je, Maman», en inglés «Twinkle, Twinkle, Little Star» e en alemán «Morgen kommt der Weihnachtsmann». O xogo do Trivial Pursuit  dí que Mozzart foi o compositor desta melodía, xa que este famoso músico compuso ata 12 vaciacións distintas da canción . Pero a primera vez que apareceu escrita foi en Francia en 1761. Podes aprender a tocala coa frauta seguindo esta partitura:  Con este vídeo podes practicar para mellorar a túa interpretación:

Lou Pripet

Lou Pripet é unha danza tradicional eslovaca. Consta de dúas partes que se repiten e con ela podemos facer diferentes xogos:

Danza de Meirol, Berrogüetto

    A danza de Meirol é unha composición de Berrogüetto, formación galega adicada a modernizar a música tradicional de Galicia.    Berrogüetto combinan, entre outros, instrumentos tradicionais como a gaita ou a zanfona con outros máis modernos como a batería ou o baixo eléctrico.