Imos comezar un novo ámbito artístico! Nesta ocasión adicarémolo a vila que nos ve crecer, Moaña!
Así realizaremos unha serie de actividades nas que coñeceremos as paisaxes típicas de Moaña, a súa arte, música e sons:
Sesións 1e 2:
Coñeceremos algo máis de Moaña cos Bolechas:
Agora veremos un pouco das diferentes paisaxes que podemos atopar en Moaña:
Río da Fraga:
Poza da Moura:
Dolmen de Chandarquiña:
Monte aberto:
Paralaia:
Praia da Xunqueira:
Praia do Con:
O Fisgón:
A Balea:
Homenaxe aos animais abandoados:
Bancos de mans:
Parque da alameda:
Parque de San Bartolomeu:
Concepción Arenal:
Portal do almacén:
Praza do concello:
Igrexa de San Martiño:
As bateas:
Escolleremos un destes sitios ou outro que coñezamos para ir alí e facer fotografías que traeremos a clase nos próximos días.
(Explicacón de conceptos básicos para facer fotografías)
Na parte plástica podemos comezar realizando unha pintura con efecto de fondo mariño:
Tamén podemos aproveitar para copiar algunha destas fotografías calcándoas na ventá e despois as colorearemos con ceras.
Ou debuxar e pintar a nosa traiñeira dos clubes de Tirán ou San Bartolomeu:
Canción os Bolechas veñen a Moaña,
Primeiro escoitaa sen ver o vídeo:
(Instrumentos que soan, estilo musical)
- Cales destes instrumentos son intrusos na canción?
- A que agrupación musical cres que se parece a canción que acabas de escoitar?
Sesión 3:
Faremos un xogo de mans para acompañar esta canción sobre as mariscadroras.
estrofa: I II I Z
retrouso: I I I II
Tamén coñeceremos a Luís Seoane e faremos a nosa versión do seu cadro As mariscadoras.
Luís Seoane foi un pintor nacido en Arxentina en 1910 de pais coruñeses emigrados alí. Viuse vivir a Galicia con 6 anos.
Estudou para abogado pero adicouse sobre todo ao arte, era pintor, ilustrador, grafista e escritor.
Durante a dictadura franquista tivo que exiliarse en Arxentina pero xamais esqueceu as súas raíces galegas.
A súa obra retratou a vida dos galegos da súa época e sobre todo chamou a atención sobre o papel da muller na nosa cultura.
Velaquí as nosas versións das Mariscadoras:
Técnica mixta collage e coloreado
Plantilla en branco:
Sesión 4:
Nesta sesión coñeceremos as esculturas das rúas de Moaña. moitas están en prazas e rotondas e as coñecemos de vista, pero sabemos algo da súa historia:
Juan Fernández Rivas: escultor que fixo moitas das pezas que atopamos polo centro da Vila:
A Balea Anduriña:
O Choco Bufón:
O Fisgón:
Outras esculturas de Moaña:
Aproveitaremos para facer a nosa versión en cartón da Roseira Brava de Lito Portela:
Esta
sesión queda libre de programación xa que cóntase con que as
propostas anteriores non todas se poidan realizar nun so día ou que
se perda algunha sesión por mor de actividades do centro ou
festividades.
Pódese
repetir algunha actividade musical das que se fixeron anteriormente.
Ademais
queda reservada para realizar un resumo de todo o traballado nas
sesións anteriores e a autoavaliación por parte do alumnado.
Nesta entrada iremos recopilando todo o traballo que faremos sobre este Ámbito artístico adicado as tribos do mundo e a descubrir a súas culturas e costumes.
Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo. Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.
Imos comezar un novo ámbito artístico! Nesta ocasión adicarémolo a vila que nos ve crecer, Moaña! Así realizaremos unha serie de actividades nas que coñeceremos as paisaxes típicas de Moaña, a súa arte, música e sons:
Tritsch Tratsch Polka é unha composición que Johan Strauss (fillo) compuso en 1854 en Rusia. Esta divertida peza ten un rítmo animado que precisa de moita concentración para seguir a melodía: Coa Filarmónica de Radio France: Ballet e Orquestra Belvedere: Estes vídeos sérvennos para plantexarnos preguntas como... Que instrumentos aparecen? Cales soan máis ou teñen máis presencia cos outros? Que diferencias atopamos entre as formación dos dous vídeos? Como están colocados os instrumentos? correspóndese coa colocación dos instrumentos no esquema da orquestra? Imos a acompañar a música:
Wishi ta Tuia é unha antiga canción dos indios nativos americanos. Pode ser acompañada con xestos e con bailes e é moi divertida. Aquí uns exemplos de como traballala na aula: Esta é unha versión da música un pouco máis cercana á orixinal https://www.youtube.com/watch?v=77uuxwqIHxA
Comentarios
Publicar un comentario