Neste ámbito coñeceremos algo máis das diferentes paisaxes que podemos atopar en Moaña.
A través destes lugares iremos descubrindo aspectos estéticos e tamén sonoros. Ademais tomaremos conciencia da importancia de conservalos.
E como resultado final realizaremos unha exposición de dioramas sonoros sobre algunha das paisaxes de Moaña.
Comezaremos coñecendo algún dos lugares máis característicos:
Paisaxes de río
Río da Fraga:
Río dos Ladróns
Rialdarca
Paisaxes de monte
Monte de Chandarquiña:
Monte aberto:
Monte Paralaia:
Montefaro (Xaxán)
Paisaxes de mar
Porto de Moaña
Zonas de rochas
Praia da Xunqueira:As bateas:
Espazos urbanos
Parque da alameda:
Parque de San Bartolomeu:
Concepción Arenal:
As Barxas:
Portal do almacén:
Igrexa de San Martiño:
Rúas da periferia
Escolleremos un destes sitios ou outro que coñezamos para ir alí, facer fotografías e rexistrar sons, que logo traeremos a clase.
Que é unha paisaxe sonora?
Unha paisaxe sonora é o conxunto de sons que podemos apreciar en cada espazo. Estes sons varían dependendo dunha serie de factores como:
- Os sons propios dos animais que alí viven.
- Os obxectos e máquinas que hai.
- Se hai persoas ou non.
- O clima que está facendo.
- A estación do ano na que nos atopamos.
- O momento do día.
E moitos outros aspectos.
Aquí tes uns exemplos:
Cando se rexistra unha paisaxe sonora é moi importante non facer ningún sonido que contamine o que está pasando nese momento.
Tamén é interesante realizar apuntes nun caderno sobre o lugar, explicar que pasou, a data e a hora ou mesmo tomar as coordenadas GPS.
Lugar: GPS:
Toma:
Día e hora:
Observacións:
Deste xeito pódese gardar un arquivo e comparalo con outros momentos do día, distintas estacións do ano ou mesmo despois de moitos anos.
Que podemos facer cunha paisaxe sonora?
Unha maqueta artística dese espazo (diorama):
Ter unha colección de sons. Anotaremos o lugar onde se gravou, as coordenadas GPS, a toma, a data e a hora e as observacións (algo que gravamos nunha toma, pero que en outra non pasou, por exemplo, algo curioso...)
Compartilos en internet:
Un concerto:
Tamén podemos coñecer outros lugares do mundo:
arcadeviento
O RESULTADO DO NOSO TRABALLO
foi esta web na que podes atopar as paisaxes sonoras de Moaña que recollemos e seleccionamos para que queden rexistradas e compartir as sensacións que temos vivindo en Moaña.
Comentarios
Publicar un comentario