Saltar ao contido principal

Tribos do mundo 3º e 4º - grupo 1


 Nesta entrada iremos recopilando todo o traballo que faremos sobre este Ámbito artístico adicado as tribos do mundo e a descubrir a súas culturas e costumes.

Sesión 1. Instrucións a seguir polo alumnado:

Cada grupo debe escoller unha zona do mundo (continente/subcontinente…) na que exista ou existira unha tribo ou cultura única.

Investigará sobre esa tribo, localización no mapa, a súa identidade, a súa cultura e datos curiosos que lles chamen a atención.

Durante a busca de información irán anotando os datos que atopen nese modelo, para que á hora de realizar a exposición, todos os traballos toquen os mesmos puntos.

Para axudar con esta tarefa e coñecer mellor as comunidades tribais que existen no mundo, aquí van unha serie de enlaces de axuda:

 Webs para visitar:


Conozcamos Todas Las Etnias Que Hay En El Mundo (etniasdelmundo.com)


16 TRIBUS AFRICANAS: Nombres, Significados y Costumbres (ecologiaverde.com)


Cuáles son los PUEBLOS INDÍGENAS del AMAZONAS - Lista con nombres (ecologiaverde.com)


INDIOS AMERICANOS: +60 Nombres de Tribus y sus Costumbres (ecologiaverde.com)


ABORÍGENES AUSTRALIANOS: Nombres de Pueblos y sus Costumbres (ecologiaverde.com)


 Tribos elixidas:


Europa

Samis

América

Norte América:

  comanches


Asia

Ainu:


Zona Polar ártica

Esquimais – Inuits (Ártico/Alaska, Siberia, Groenlandia)

 A vestimenta 

- Comezaremos o traballo con unha breve conversa sobre os tipos de vestimenta, farendo algunhas preguntas para que reflexionen sobre os tipos de vestimentas que empregan nesas tribos, por que algunhas foron cambiando co paso do tempo etc.

- Logo de deseñar un personaxe, construímos o corpo (home ou muller) que represente a vestimenta desta comunidade:
(Tamén se podería construír unha vivenda típica)
Home comanche

Muller inuit e iglú

Muller Sami e tipi

Home Ainu

Sesión 4:

 Músicas do mundo 


Investigaremos sobre que música e danzas son propias de cada comunidade indíxena para atopar unha canción ou baile tradicional desa cultura que acompañe a nosa exposición.

Debemos realizar un cartel con explicacións e enlaces con códigos Qr.
Enlaces de axuda:

 Arte tribal 

Inspirándonos na arte de cada tribo crearemos esculturas, pinturas, máscaras, abalorios propios, utensilios...

Coñece a arte de cada grupo:


Pintura, gafas e colares inuit:


Totem, kimono e vivenda ainu:


Escultura e escudo comanche:


Coitelos sami:


Sesións 7 e 8: 
Instrumentos do mundo

Elaboraremos un mural sobre os instrumentos musicais da súas tradicións e clasificaremos os instrumentos segundo a familia a que pertenzan.

Instrumentos Ainu:


Instrumentos dos sami:
Instrumentos comanches:

Tarefa 6: Exposición


A nosa exposición vaise completando pouco a pouco. Estas son as nosas aportacións creadas neste ámbito artístico:
Esta montaxe debe incluír as obras artísticas realizadas por todos os grupos dos distintos cursos durante as tarefas e os descubrimentos que foron acadando coa investigación e traballo ao longo dos nove días de ámbito.


__________________________________________________________________________________________________
       FIN       


Comentarios

O máis visto:

Tribos do Mundo

  Nesta entrada iremos recopilando todo o traballo que faremos sobre este  Ámbito artístico adicado as tribos do mundo e a descubrir a súas culturas e costumes.

Os sons do corpo humano

Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo.  Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.

Paisaxes sonoras de Moaña

  Imos comezar un novo ámbito artístico! Nesta ocasión adicarémolo a vila que nos ve crecer, Moaña! Así realizaremos unha serie de actividades nas que coñeceremos as paisaxes típicas de Moaña, a súa arte, música e sons:

Tritsch tratsch polka

  Tritsch Tratsch Polka é unha composición que Johan Strauss (fillo) compuso en 1854 en Rusia. Esta divertida peza ten un rítmo animado que precisa de moita concentración para seguir a melodía: Coa Filarmónica de Radio France: Ballet e Orquestra Belvedere: Estes vídeos sérvennos para plantexarnos preguntas como... Que instrumentos aparecen?  Cales soan máis ou teñen máis presencia cos outros? Que diferencias atopamos entre as formación dos dous vídeos? Como están colocados os instrumentos? correspóndese coa colocación dos instrumentos no esquema da orquestra? Imos a acompañar a música:

Wishi Ta Tuya

Wishi ta Tuia é unha antiga canción dos indios nativos americanos. Pode ser acompañada con xestos e con bailes e é moi divertida. Aquí uns exemplos de como traballala na aula: Esta é unha versión da música un pouco máis cercana á  orixinal https://www.youtube.com/watch?v=77uuxwqIHxA