Saltar ao contido principal

Publicacións

Danza das machadas

 La danza de las hachas, ou danza das machadas en galego, é unha composición medieval recollida por Gaspar Sanz no século XVII.    Con esta melodía  podemos realizar moitas actividades na hora de música. Nestes vídeos tes moitos exemplos diferentes adaptados para distintos niveis: Audición da obra (Joaquín Rodrigo): Musicograma: Con percusión: Con percusión corporal: Recreación do baile medieval:   

Los machetes

  O baile tradicional dos machetes é moi popular en  México. Esta espectacular danza realizase suxeitando coitelos de gran tamaño, ferramenta de traballo empregada en moitos pobos mexicanos como Jalisco.   Na clase substituiremos os coitelos por baquetas de madeira pero igualmente debemos estar moi concentrados para realizar ben os seus pasos e movementos:   Tranquilos, que isto non o faremos na aula. Mirade o seguinte vídeo e prestade atención ao baile: A música empregada para acompañar é a seguinte:   

O son dos animais

  Cada animal emite un son característico e propio para a súa especie. O son forma parte da identidade de cada especie e os humanos temos a capacidade de recoñecelos a través do oído.    Con esta ficha podes ir vendo cantos sons animais recoñeces:

Boom, snap, clap

Con esta divertida canción podemos realizar diferentes xogos. Atende a estes vídeos e verás as súas posibilidades:

O bardo do castelo

Este é unha proposta para acompañar  rítmicamente a melodía Castel Bard, unha composición de Brandon Fiechter .  Está baseada nunha célula rítmica que se repite constantemente.  Os bardos eran as persoas encargadas de amenizar con música a vida nos castelos e vilas medievais. Un dos máis famosos é Asurancetúrix, o bardo galo que vive na aldea de Astérix e Obélix. Aquí o vídeo da melodía: e a ficha en castelán:

Xa ven o magosto!

 Este é un recitado rítmico moi divertido que fala das ganas  que temos de magosto e de comer castañas. Está pensado para interpretar en dous equipos a modo de pregunta resposta: Podes escoitar o resultado na clase: manu santiago · Xa Ven O Magosto Recitado Rítmico Para completar a clase pódese realizar este musicograma sobre O outono de Vivaldi:

Isto é Halloween

 O Samaín anda cerca e por iso aproveitamos para acompañar esta divertida canción do filme Pesadelo antes do Nadal de Tim Burton.

Rakes of Mallow

 Rakes of Mallow é unha canción tradicional de Irlanda. Esta melodía en ritmo de polca foi publicada en 1742 e fala sobre os rastrillos da cidade de Mallow. Na clase pódese traballar destas formas: A canción empregada no primeiro vídeo é:

Cancións para Ed. Infantil

  Esta é unha recopilación dalgunhas das cancións que se traballan cos peques de Infantil:

A folla de papel

 Unha folla de papel pode dar moito xogo na clase de música. Un folio pode ser un gran instrumento, non cres?  Mira estes vídeos e compróbao! Canción empregada: CLICK canción empregada: CLICK

A música de Star Wars

 John Williams é un dos mais recoñecidos compositores de música para películas. Compuso, entre outras, a banda sonora de Supermán, Tiburón, E.T., Indiana Jones, Jurasic Park, ou Harry Potter.   En 1977 compuso a música que leva acompañando a saga de Star Wars ata hoxe en día.  Se queres aprender atocar estas melodías podes comezar con estas partituras adaptadas:   Aquí tes as melodías interpretadas por orquestras:

Practicamos a lectura rítmica

Esta é unha selección de vídeos que traballamos na aula e cos que podemos mellorar a nosa lectura musical e o ritmo:

Cancións de mans e dedos

  Esta é unha divertida selección de vídeos con cancións acompañadas de xogos cos dedos: cinco dediños teño man: Cinco ratiños: Gaspar: Chaparrón:  Los animales buscan casa: Pon pon:  Un dedo: Varias:

Aprendo Música

  Aprendo Música é una web na que podes atopar un montón de divertidos xogos para practicar conceptos musicais ou aprender outros novos: Preme na imaxe para visitar a web:  

Musication

 Musication é unha canle de youtube na que podes atopar unha chea de musicogramas de cancións populares, tanto clásicas como modernas. Están montadas como se dun videoxogo se tratase e son moi divertidas para aprender conceptos musicais.  Estes son exemplos que xa traballamos na aula: Tamén ten adaptacións con notas para xilófonos ou con boom shakers coa notación en inglés. Podes ver máis vídeos na súa cale de youtube:    https://www.youtube.com/user/derjanson