Saltar ao contido principal

Publicacións

Os sons do corpo humano

Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo.  Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.

Cumpreanos feliz

Aprende a tocar esta sinxela canción. aquí tes a partitura escrita de distintas formas para que podas practicala como mellor a entendas.  Seguro que lla podes tocar a alguén nalgunha ocasión especial:

Un elefante se balanceaba

  Aprende a tocar coa frauta ou con calquer instrumento esta famosa canción:

Babala Gumbala

   Esta é unha canción de orixe africana. Empreganna os pobos Yaruba, de Nigeria, cando se atopan con outro pobo e a cantan e bailan para darse a benvida.  Na clase podemos traballala de diferentes formas:

A tarantella Pulcinella

   Unha tarantella é unha danza tradicional do sur de Italia. De orixe medieval críase que bailándoa espantábase toda a loucura e o mal producido pola picadura das tarántulas.   Neste caso imos escoitar unha tarantella titulada Pulcinella interpretada por Massimo Siviero e a Orchestra La Banda del Coure. Pulcinella é un personaxe cómico das cortes italianas da idade medieval.

Itele

   Esta é unha danza tradicional proveniente de Rumanía e interpretada por Shenanigans.    Formada por dúas partes que se repiten e vanse acelerándo, débese prestar moita atención para realizar os pasos cada vez máis rápidos.

O son dos medios de transporte

  Con esta ficha podes ir coloreando os medios de transporte segundo vaian soando. Debes prestar moita antención e ter as orellas ben abertas!

O reloxo sincopado

 O reloxo sincopado é unha composición  de 1946  do sueco Leroy Anderson. Nesta divertida peza os instrumentos imitan o son dun reloxo espertador:

Os himnos nacionais

  Na Guia andamos coñecendo e investigando paises do mundo.  Como sabedes, cada país ten un himno que o representa. Estes himnos son cancións que falan das virtudes do país e o orgullo dos seus habitantes. Moitos deles teñen orixes militares (para animar aos soldados que ían as guerras) e isto pódese notar nas súas letras ou instrumentación.   Hoxe en día, onde máis os escoitamos é en competicións deportivas internacionais nas que os deportistas posan orgullosos mentres soa o himno da súa nación.   Aquí tes unha selección dos himnos nacionais dos países que eliximos en cada aula: China: Francia: Portugal: Exipto: Rusia: India: Italia: Xapón: E para rematar aquí tes os himnos das nosas nacións: Galicia: España: Europa:

Ready Go Music

    Ready Go Music é unha canle de youtube na que podes atopar unha chea de videos cos que practicar as figuras rítmicas con cancións tanto clásicas como modernas.    Están montadas como se dun videoxogo se tratase e son moi divertidas para aprender conceptos musicais e mellorar no teu ritmo.    Estes son exemplos que xa traballamos na aula: Preme an imaxe para visitar a canle:

Katy Perry

  Katy Perry é unha cantante e actriz estadounidense moi popular neste momento. De seguro que coñeces moitos dos seus éxitos.   Aquí tes unha recopilacuión de varios vídeos con cancións súas que podemos traballar na clase.    Debes prestar moita atención e coordinar os movementos  co pulso das músicas:

A marcha turca de Beethoven

 A marcha turca foi composta en 1811 polo compositor alemán Ludwin Van Beethoven como parte da obra As ruínas de Atenas.

Danza das machadas

 La danza de las hachas, ou danza das machadas en galego, é unha composición medieval recollida por Gaspar Sanz no século XVII.    Con esta melodía  podemos realizar moitas actividades na hora de música. Nestes vídeos tes moitos exemplos diferentes adaptados para distintos niveis: Audición da obra (Joaquín Rodrigo): Musicograma: Con percusión: Con percusión corporal: Recreación do baile medieval:   

Los machetes

  O baile tradicional dos machetes é moi popular en  México. Esta espectacular danza realizase suxeitando coitelos de gran tamaño, ferramenta de traballo empregada en moitos pobos mexicanos como Jalisco.   Na clase substituiremos os coitelos por baquetas de madeira pero igualmente debemos estar moi concentrados para realizar ben os seus pasos e movementos:   Tranquilos, que isto non o faremos na aula. Mirade o seguinte vídeo e prestade atención ao baile: A música empregada para acompañar é a seguinte:   

O son dos animais

  Cada animal emite un son característico e propio para a súa especie. O son forma parte da identidade de cada especie e os humanos temos a capacidade de recoñecelos a través do oído.    Con esta ficha podes ir vendo cantos sons animais recoñeces: