Saltar ao contido principal

Publicacións

Instrumentos eléctricos e amplificados

Imos coñecer como funcionan as guitarras eléctricas e os baixos.  Como fan para soar así?

Alunelul, Romanía

Alunelul é un pequeno baile tradicional orixinario de Romanía. Moi popular no mundo enteiro, ten variacións dependendo da orixe e da versión. 

Kololeoko (Frauta)

Imos a aprender na frauta esta cantiga africana.

Estrellita del lugar

Aprende a tocar esta melodía! Moitos títulos e variacións da letra ten esta cantiga popular e navideña. 

A galiña de Carmiña

A ver se consegues cantar esta cantiga respirando antes e aguantando ata o final...

Danza de gigantes y enanitos

Aquí tes unha divertida canción de Natalia Velilla (Suena suena 1) que ven acompañada por unha danza moi estimulante:

The eye of the tiger

Como parte do traballo sobre o Pop e o Rock, imos aprender a tocar coa frauta e xilófonos este riff de guitarra tan coñecido e machacón! A canción é un clásico de rock que gañou moita fama ao aparecer na película Rocky.

Peer Gynt

  Peer Gynt é unha obra noruega escrita en 1867 por Henrik Ibsen. Pensada para interpretarse como obra teatral ou en verso foi necesario engadirlle música para poder facer os cambios de escenarios máis levadeiros para o público.

Seven Nation Army

Esta é a melodía máis tarareada por todos nos estadios de fútbol e en moitas xuntanzas de xente. A canción orixinal é do grupo The White Stripes: Con estas partituras aprenderemos a tocar esta melodía na frauta e noutros instrumentos como xilófonos e metalófonos ou mesmo no piano:

Familia de percusión

A familia de percusión é a famila de instrumentos mais antiga, xa que os primeiros instrumentos musicais da humanidade foron os obxectos que os nosos antepasados tiñan ao seu carón e podían golpear. Dentro desta familia aparece unha gran variedade de instrumentos que se poden clasificar en Idiófonos, cando producen son co seu corpo (láminas, placas, chapas, sementes...), e menbranófonos, os que producen son golpeando a súa membrana ou pel.  Tamén é importante ter en conta que algún destes instrumentos poden facer escalas musicais afinadas como a marimba, os xilófonos ou os metalófonos e outros, como as maracas, as claves ou os platos, non poden. Imos ver vídeos para coñecelos mellor: Os timbais: As congas: Os bongós: A caixa: Bombo: Djembé: Pandeireta: A batería: O triángulo: Xilófono: Claves: Castañolas: Tarrañolas: Platos: Marimba: Maracas: Axóuxeres: Hata aquí chegamos pero a familia de percusión é moi popular e por todas as partes do mundo aparecen instrumentos de percusión dis...

A familia de vento madeira

A familia de vento madeira está formada por instrumentos que se fan soar a través da vibración dunha palleta que se mete nos beizos ou soprando por un buratiño. A pesar de que se chama familia de vento madeira, poden estar construídos por outros materiais como o plástico ou marfil. Moitos destes instrumentos hoxe en día están construídos en metal ou teñen partes metálicas. Imos descubrir os mais coñecidos: Frauta traveseira: Oboe: Clarinete: Saxofón: Fagot: Outros instrumentos desta familia son: Gaita:  Ocarina: Acordeón:

Los pollitos dicen

  Aquí tes un video para practicar coa frauta a canción de "Los pollitos dicen":

A saia da Carolina, en frauta

Aquí tes as partituras e un vídeo co que podes practicar A saia da Carolina coa frauta:

A familia de vento metal

A familia de vento metal está constituída por instrumentos que se fan soar a través da vibración dos beizos. A pesar de que se chama familia de vento metal, poden estar construídos por outros materiais como o plástico ou marfil. Como todas as familias de instrumentos, hai moitos e estes foron variando ao longo da historia. Imos coñecer so mais comúns ou mais populares: A trompeta: A trompa: O trombón: A tuba:   

A zanfona

Un instrumento con moita historia e un son moi especial A zanfona é un instrumento de corda moi antigo, cunha historia que se remonta á Idade Media. Aínda que pasou por diferentes épocas e transformacións, continúa viva na actualidade e ocupa un lugar importante na música tradicional galega. O seu son é moi característico: pode lembrar ao dun violín, pero tamén ao dunha gaita ou ao dun pequeno órgano. E o máis curioso é a maneira de tocala: non se utiliza un arco nin se pinzan as cordas cos dedos, senón que se fai xirar unha roda cunha man mentres a outra man toca as teclas.