Saltar ao contido principal

Publicacións

Os monstros na música Pop e Rock

  🎃 👻 🎸 POP, ROCK E MONSTROS Un Samaín ao ritmo da música moderna Coa chegada do Samaín e do Halloween, imos descubrir unha faceta misteriosa do Pop e do Rock.  Ao longo da historia, moitos músicos inspiráronse en monstros, pantasmas, zombis e outras criaturas fantásticas para crear cancións cheas de misterio, humor e terror ou mesmo para poñer nome as súas bandas musicais. Desde os clásicos internacionais ata o pop-rock en castelán, veremos como a música, as voces, os instrumentos e os ritmos poden transportarnos a un mundo monstruoso… e mesmo facernos bailar cos mortos!

A familia Addams

Esta tétrica familia é moi coñecida polas súas películas. Nelas soa unha melodía mundialmente recoñecida.  Imos xogar con ela:

Xogos para Samaín

 Nesta lista de Youtube atoparás unha gran variedade de xogos musicais para realizar no Samaín:

Baby Shark

Seguro que xa coñeces esta canción das clases de Inglés. Pero... serás quen de tocala nun instrumento? Imos probar con Baby Shark ! Podes interpretala no xilófono ou na frauta doce. Tes varias partituras para escoller a que mellor se adapte ao teu nivel.

Como mola o Samaín

Tes ganas de festexar o Samaín? Con este recitado imos practicar o ritmo vocal e divertirnos con todo o que se pode facer nesta celebración tan escalofriante.  

E Papa Wairi

🌍 Coñecemos unha canción maorí! E Papa Wairi é unha canción tradicional maorí, pertencente á cultura do pobo indíxena maorí de Nova Zelandia, un país formado por varias illas situadas no océano Pacífico. Na cultura maorí, a música, o canto e a danza teñen unha presenza moi importante. A través deles transmítense historias, tradicións e coñecementos.

Instrumentos eléctricos e amplificados

Imos coñecer como funcionan as guitarras eléctricas e os baixos.  Como fan para soar así?

Alunelul, Romanía

Alunelul é unha danza tradicional de Romanía. É unha das danzas populares máis coñecidas deste país e conta con diferentes versións e adaptacións. Na versión que imos traballar podemos distinguir dúas partes principais que se repiten. Ao longo da interpretación, o ritmo pode ir aumentando de velocidade.

Kololeoko (Frauta)

Kokoleoko: unha cantiga africana Imos aprender a tocar na frauta doce Kokoleoko , unha cantiga tradicional africana moi coñecida e alegre. Primeiro aprenderemos a melodía pouco a pouco e despois intentaremos interpretala acompañando a música. Prepara a frauta e... imos alá!

Estrellita del lugar

Aprende a tocar esta melodía! Moitos títulos e variacións da letra ten esta cantiga popular e navideña. 

A galiña de Carmiña

A ver se consegues cantar esta cantiga respirando antes e aguantando ata o final...

Danza de gigantes y enanitos

Aquí tes unha divertida canción de Natalia Velilla (Suena suena 1) que ven acompañada por unha danza moi estimulante:

The eye of the tiger

Un clásico do rock para tocar na aula Como parte do noso traballo sobre o rock e o pop , imos aprender a interpretar coa frauta doce e cos xilófonos un dos riffs de guitarra máis coñecidos da historia do rock: Eye of the Tiger . A canción foi publicada en 1982 polo grupo estadounidense Survivor e fíxose mundialmente famosa ao formar parte da banda sonora da película Rocky III , protagonizada por Sylvester Stallone.

Os sons dos animais

Cada animal produce sons característicos que nos permiten recoñecer a súa especie. O canto dun paxaro, o ladrido dun can, o ruxido dun león ou o croar dunha ra son algúns exemplos dos sons que podemos atopar na natureza. Pero... serías capaz de recoñecer un animal simplemente escoitando o seu son?

Peer Gynt, de Edvard Grieg

Unha historia chea de aventuras contada a través da música 🎭 Unha historia que se converteu en música Peer Gynt é unha obra teatral escrita en 1867 polo dramaturgo noruegués Henrik Ibsen . Conta as aventuras dun mozo soñador e fantasioso que viaxa polo mundo, vive situacións extraordinarias e coñece personaxes moi diferentes.