Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2020

Imagine

Imagine é unha canción composta por John Lennon e escrita pola súa muller Yoko Ono en 1971. É mundialmente coñecida como un canto á paz e a liberdade de todos os pobos do mundo. Por iso a eliximos para esta semana da Paz. Aquí tes as fichas que traballamos na aula coa extructura, a letra en inglés e galego e o acompañamento para metalófonos e xilófonos, na versión simple e outra un poco máis completa: letra traducida a galego: versión simple: versión completa:

Que suba, que baje

Que suba, que baje é unha canción que se acompaña con xestos moi divertida para os máis pequen@s: Nestes vídeos podes ver uns exemplos de como traballala na clase:

Danza de gigantes y enanitos

  En Infantil andivemos cantando esta canción e bailando a súa danza: :

Nas profundidades do océano

Escoitando a Lesicia de Kai Engel podes xogar a relaxarte imaxinádote a seguinte historia: _____________________________________ Somérxeste no mar e podes aguantar a respiración o tempo que queiras. Non te afogarás. O mar está morno, ten unha temperatura perfecta, cálida. Move  moi despacio os teus brazos e pernas imaxinando que estás buceando nas profundidades.   O peixes pasan a teu carón e xogan nadando. Baixas máis profundo, cada vez máis. Os raios de luz atravesan a auga alumeando o teu camiño. Vés todo tipo de animais mariños que se acercan a saudarte e tí estiras a túa man para tocalos.   Mesmo unha gran balea pasa e podes tocala sen ningún perigo. _____________________________________ Pecha os ollos despois de ler estas instruccións e lémbrate de imaxinarte cada detalle.  Tamén podes pedirlle a outra persoa que faga de narrador da historia mentres tí te relaxas. Cando remates abre os ollos pouco a pouco lembrándote do ben que se sentía est

O vals dos gatos

The Waltzing Cat é unha composición de Leroy Anderson. Leroy Anderson escribiu numerosas obras para orquesta clásica nas que añadía un toque de investigación e diversión. Mostra destas ideas é o Vals dos gatos, no que, a ritmo de vals,  escoitamos violíns miañar como gatos:  Este é o musicograma para seguir a peza: Outras obras curiosas de Anderson: A máquina de escribir:  O reloxo sincopado: Musicograma extraído de  Xograr 5     Ed. Galinova  

Marcha Turca - Mozart

   Wolfgang Amadeus Mozart está considerado como un dos máis grandes compositores de música clásica europea. Viviu en Viena durante o século XVIII.    Estudou música dende os catro anos e aos cinco xa tiña dúas obras compostas.    A Marcha Turca, chamada Sonata para piano nº 11, foi composta en 1783. Podes escoitala nestes vídeos: Con piano: Con orquestra: Musicogramas:    l O documento do musicograma: Variación máis completa:   Exemplos de traballos na aula: