Saltar ao contido principal

Nas profundidades do océano





Escoitando a Lesicia de Kai Engel podes xogar a relaxarte imaxinádote a seguinte historia:

_____________________________________

Somérxeste no mar e podes aguantar a respiración o tempo que queiras. Non te afogarás.

O mar está morno, ten unha temperatura perfecta, cálida.

Move  moi despacio os teus brazos e pernas imaxinando que estás buceando nas profundidades.  

O peixes pasan a teu carón e xogan nadando.

Baixas máis profundo, cada vez máis.

Os raios de luz atravesan a auga alumeando o teu camiño.

Vés todo tipo de animais mariños que se acercan a saudarte e tí estiras a túa man para tocalos.  

Mesmo unha gran balea pasa e podes tocala sen ningún perigo.

_____________________________________

Pecha os ollos despois de ler estas instruccións e lémbrate de imaxinarte cada detalle. 

Tamén podes pedirlle a outra persoa que faga de narrador da historia mentres tí te relaxas.

Cando remates abre os ollos pouco a pouco lembrándote do ben que se sentía estar nese lugar.


Comentarios

O máis visto:

Os sons do corpo humano

Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo.  Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.

Kololeoko (Frauta)

Imos a aprender na frauta esta cantiga africana. Esta é a partitura: Practica co vídeo: Se queres cantala ou ver xogos con esta canción podes visitar esta publicación: PREME AQUÍ

Tritsch tratsch polka

  Tritsch Tratsch Polka é unha composición que Johan Strauss (fillo) compuso en 1854 en Rusia. Esta divertida peza ten un rítmo animado que precisa de moita concentración para seguir a melodía: Coa Filarmónica de Radio France: Ballet e Orquestra Belvedere: Estes vídeos sérvennos para plantexarnos preguntas como... Que instrumentos aparecen?  Cales soan máis ou teñen máis presencia cos outros? Que diferencias atopamos entre as formación dos dous vídeos? Como están colocados os instrumentos? correspóndese coa colocación dos instrumentos no esquema da orquestra? Imos a acompañar a música:

Lou Pripet

Lou Pripet é unha danza tradicional eslovaca. Consta de dúas partes que se repiten e con ela podemos facer diferentes xogos:

Estrellita, ¿dónde estás?

Moitos títulos e variacións das letras ten esta melodía popular e navideña.  Campanita del lugar,  Campanitas del lugar,  Estrellita, ¿dónde estás?...  en castelán. Pasa o mesmo noutros países; como en francés  «Ah! vous dirai-je, Maman», en inglés «Twinkle, Twinkle, Little Star» e en alemán «Morgen kommt der Weihnachtsmann». O xogo do Trivial Pursuit  dí que Mozzart foi o compositor desta melodía, xa que este famoso músico compuso ata 12 vaciacións distintas da canción . Pero a primera vez que apareceu escrita foi en Francia en 1761. Podes aprender a tocala coa frauta seguindo esta partitura:  Con este vídeo podes practicar para mellorar a túa interpretación: