Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2020

A corchea e o seu silencio

Para escribir e ler a música úsanse figuras que se colocan no pentagrama. A figura que imos ver hoxe chámase corchea. A corchea dura medio pulso, o que quere dicir que con cada latexo da música debemos dar dous golpes ou dicir dúas sílabas. Estes golpes ou sílabas duran xusto a metade do tempo que dura un pulso. O silencio que dura igual que a corchea chámase silencio de corchea. Silencio de corchea Imos practicar as corcheas e coñecelas mellor coas seguintes fichas de cocomusic.es :   Agora imos interpretar corcheas acompañando a música con estes vídeos. Como verás poder dicir as corcheas coas sílabas TITI ou con palabras de dúas sílabas como CASA:   Co seguinte xogo verás se as entendiche ben. A ver se adiviñas cal dos exemplos é o que soa:

A negra e o seu silencio

Para escribir e ler a música úsanse figuras que se colocan no pentagrama. A figura que imos ver hoxe chámase negra.  A negra dura un pulso, o que quere dicir que con cada latexo da música debemos dar un golpe ou dicir unha sílaba. O silencio que dura igual que a negra chámase silencio de negra. Para practicar e coñecelas mellor podemos realizar as seguintes fichas de cocomusic.es : Tamén podes practicar como se interpretan musicalmente cos seguintes vídeos. Como veredes podemos sustituír a negra por unha palabra dunha soa sílaba, como por exemplo TA ou PAN:     

A marcha do coronel Bogey

A Marcha do Coronel Bogey é unha marcha composta en 1914 polo teniente F.J Ricketts (1881-1945), o director da banda musical do exército británico.  As marchas son composicións que acompañan aos soldados cando desfilan.    A marcha do coronel Bogey fíxose famosa por aparecer na película "A ponte sobre o río Kwai" sobre a 2º Guerra Mundial. Imos aproveitar esta composición para practicar a negra e o silencio de negra. Mira como facelo no seguinte vídeo: Podemos aproveitar para analizar a estructura da composición. Para isto propóñovos xuntarvos en grupos de catro.    Partindo da seguinte ficha, recortaremos o título e as letras para ordenalas e conseguir ter a estructura correcta: Despois de ter a estructura correcta, iremos colocando os instrumentos principais de cada parte. O resultado debería ser algo parecido a isto: Agora xa podes ver a unha orquestra completa interpretando a peza:  O utras ideas para traballar  con este tema poden ser: