Saltar ao contido principal

Arte e música no outono

  Imos xuntar Música e Plástica aproveitando a estación na que nos atopamos, o outono.

  As actividades que propoñemos estarán relacionadas coas follas e os cambios producidos no monte.

 Día 1:

Plástica:

 Recolleremos follas polos arredores. 

  Buscamos follas de distintas formas. Podemos tentar identificar á árbore ou planta a que pertencen e procurar información sobre ela.

  Poremos a secar as follas entre as follas dun libro para que queden ben planas.

Música:




Versión da letra en galego:
 
Caen, caen, caen, caen,
Caen as folliñas.
Caen, caen, caen, caen,
caen para o chan

 Outono, outono
que as follas fai cair.
É o outono, é o outono
 o frío vai chegar!

Esta canción a acompañaremos cun xogo rítmico de vasos:
Cada un terá un vaso e nos colocaremos en parellas:

Parte 1:
              damos no chan / damos na man
              damos no chan / chocamos coa parella
              damos no chan / damos na man
              damos no chan / damos no chan co cu do vaso

Parte 2:
              cambiando o vaso coa parella (x2)
              damos no chan / damos no chan co cu do vaso 
              damos no chan
              
 Día 2:

Plástica:

- Faremos cadros minimalistas coas nosas follas.

Empregando cartolinas de cores tamaño A4 faremos estampados cas follas que recolectamos o día anterior.


 
Música:

  Aprenderemos a seguinte cantiga:


 Día 3: 
(o traballo para este día tamén pode ir repartido un pouco en cada día)

 Música: O outono de Vivaldi:

1. Introdución: 
    Quen foi Vivaldi
    As catro estacións
    O outono: danza que celebra o recollido durante o verán     (viño)


2. Audición sen imaxes:
    Que instrumenos recoñecemos? Que nos parece que soa?
    A orquestra clásica

3. Audición concerto:


 4. Musicograma:



Outra variación:

Crearemos unha versión do primeiro musicograma coas follas e obxectos que recolectamos:

5. Ritmo:

Plástica:

- Faremos un retrato de Vivaldi en acuarela (tempera moi aguada) partindo desta imaxe:

 Día 4:

Plástica:

- Faremos unhas camisetas decoradas con estampación de follas:

 Música: O outono:

Día 5:

Plástica:

- Faremos un móbil decorado con follas para o nadal:

(cunha rama e patróns cortados en fieltro ou goma eva) 

- Ou faremos unhas lámpadas de nadal:


 Música:  Xogo rítmico:

Seguindo este vídeo podemos realizar varios xogos:
1. Cada folla representa unha figura (vermella: negra/amarela: corchea, p.ex.)
2. Divididos en dous equipos un equipo segue unha liña.
3. Variación dos anteriores con rítmica vocal.


Día 6:

Plástica:

- Faremos esculturas en arxila de cogumelos para decorar o xardín do patio.



 Música:  







Comentarios

O máis visto:

Os sons do corpo humano

Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo.  Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.

Kololeoko (Frauta)

Imos a aprender na frauta esta cantiga africana. Esta é a partitura: Practica co vídeo: Se queres cantala ou ver xogos con esta canción podes visitar esta publicación: PREME AQUÍ

Estrellita, ¿dónde estás?

Moitos títulos e variacións das letras ten esta melodía popular e navideña.  Campanita del lugar,  Campanitas del lugar,  Estrellita, ¿dónde estás?...  en castelán. Pasa o mesmo noutros países; como en francés  «Ah! vous dirai-je, Maman», en inglés «Twinkle, Twinkle, Little Star» e en alemán «Morgen kommt der Weihnachtsmann». O xogo do Trivial Pursuit  dí que Mozzart foi o compositor desta melodía, xa que este famoso músico compuso ata 12 vaciacións distintas da canción . Pero a primera vez que apareceu escrita foi en Francia en 1761. Podes aprender a tocala coa frauta seguindo esta partitura:  Con este vídeo podes practicar para mellorar a túa interpretación:

Lou Pripet

Lou Pripet é unha danza tradicional eslovaca. Consta de dúas partes que se repiten e con ela podemos facer diferentes xogos:

Danza de Meirol, Berrogüetto

    A danza de Meirol é unha composición de Berrogüetto, formación galega adicada a modernizar a música tradicional de Galicia.    Berrogüetto combinan, entre outros, instrumentos tradicionais como a gaita ou a zanfona con outros máis modernos como a batería ou o baixo eléctrico.