Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2023

Comptine d'un autre été

 Esta peza é unha composición do músico francés Yann Tiersen . Forma parte da música que compuso para  Amelie, película que o fixo moi famoso. Aproveitaremos esta melodía para celebrar o 3 de decembro, Día da Discapacidade.   Co lema de Todos baixo o mesmo paraugas faremos un baile moi emotivo e vistoso:

Que ricos os bicos

  Esta é unha canción de Cé orquestra pantasma que fomenta o cariño entre as persoas. Podes xogar seguindo o musicograma ou realizando os movementos que acompañan a música:

Os Planetas, Gustav Holst

  Esta é unha tarefa para o Ámbito Artístico que terá como excusa a creación dun colgante do Sistema solar e o traballo coas composicións de Gustav Holst, Os planetas.  Pensada para alumnado de 6 a 8 anos, combinaránse  as Artes Plásticas e as nocións de Música .

As campás de Dunquerque

 As campás de Dunquerque é unha danza tradicional francesa composta sobre o ano 1447 cando foi colocada a primeira campá na igrexa desa vila do norte de Francia.  Con forma AABB, esta danza medieval é moi empregada para que os nenos e nenas interactúen e se coñezan a través do xogo. Xogos e materiais: ficha musicograma