China é o país que elixiron os Osos para invertigar durante este curso. Aquí atoparás unha selección das cancións modernas máis escoitadas no país nipón.
India é o país elixido por 4º para investigar durante este curso. Hoxe queren aproveitar para facer unha selección de música moderna deste país tan peculiar e carismático.
Rusia é o país elixido por 3º para investigar durante este curso. Hoxe queren aproveitar para facer unha selección de música moderna deste país e adicala a pedir o fin da guerra entre Ucrania e Rusia.
Walking to the left é unha canción infantil tradicional de Australia. Anímaste a facer un xogo rítmico de mans acompañando a súa música? Observa como debe ser o resultado: podes facelo en parellas: Ou practicar facendo a resposta as mans deste vídeo: Cando o teñas dominado podes atreverte so coa música:
"Oh! Susanna" é unha canción tradicional americana composta por Stephen Foster en 1848. Moi popular en todo o mundo, ten unha versión da letra en español. Neste caso imos acompañala con vasos: Se queres aprender a tocala podes ver os seguintes tutoriais: Con frauta: Con teclas: E aquí tes unha partitura:
As castañuelas son un instrumento de percusión normalmente composto por dúas pezas de madeira atadas entre si e que ao ser golpeadas producen son. Usadas xa dende hai máis de catro mil anos, son moi populares na música popular española. Mira este vídeo: Imos construír unhas castañuelas: Podes seguir este vídeo... Ou este outro... Se queres aprender a tocalas ben podes seguir vídeos como este:
Italia é o país escollido polo quinto curso. España e Italia teñen mito en común e a súa música tamén é un punto de encontro. Moitos artistas traducen as súas cancións para poder darse a coñecer nos dous países e nesta ocasión coñeceremos como é o panorama actual da música no país da pizza e a pasta.
Na clase de sexto están descubrindo Xapón e quixeron coñecer como é a música moderna que se escoita neste interesante país. Velaquí unha selección dos artistas máis escoitados de J-pop no país nipón:
Exipto é un pais moi interesante, tanto pola súa historia como polo seu mundo actual. Os de segundo, andan investigando cousas sobre este país tan distinto ao noso. Na clase de música tamén quixemos coñecer como é a música moderna deste exótico país. Velaquí un pequeno exemplo da música moderna máis escoitada hoxe en día en Exipto:
Johann Strauss foi un compositor do século XIX. Nacido en Viena foi pai dunha dinastía de músicos clásicos; Johann Strauss fillo, Josef Strauss e Eduard Strauss. A marcha Radeztky, escrita en 1848, foi composta en honor as victorias bélicas do conde Joseph Wenzel Radeztky. Esta peza tan marchosa é moi divertida para traballar na aula de mitas formas distintas:
Imagine é unha canción composta por John Lennon e escrita pola súa muller Yoko Ono en 1971. É mundialmente coñecida como un canto á paz e a liberdade de todos os pobos do mundo. Por iso a eliximos para esta semana da Paz. Aquí tes as fichas que traballamos na aula coa extructura, a letra en inglés e galego e o acompañamento para metalófonos e xilófonos, na versión simple e outra un poco máis completa: letra traducida a galego: versión simple: versión completa:
Que suba, que baje é unha canción que se acompaña con xestos moi divertida para os máis pequen@s: Nestes vídeos podes ver uns exemplos de como traballala na clase: