Saltar ao contido principal

Publicacións

A corchea e o seu silencio

Para escribir e ler a música úsanse figuras que se colocan no pentagrama. A figura que imos ver hoxe chámase corchea. A corchea dura medio pulso, o que quere dicir que con cada latexo da música debemos dar dous golpes ou dicir dúas sílabas. Estes golpes ou sílabas duran xusto a metade do tempo que dura un pulso. O silencio que dura igual que a corchea chámase silencio de corchea. Silencio de corchea Imos practicar as corcheas e coñecelas mellor coas seguintes fichas de cocomusic.es :   Agora imos interpretar corcheas acompañando a música con estes vídeos. Como verás poder dicir as corcheas coas sílabas TITI ou con palabras de dúas sílabas como CASA:   Co seguinte xogo verás se as entendiche ben. A ver se adiviñas cal dos exemplos é o que soa:

A negra e o seu silencio

Para escribir e ler a música úsanse figuras que se colocan no pentagrama. A figura que imos ver hoxe chámase negra.  A negra dura un pulso, o que quere dicir que con cada latexo da música debemos dar un golpe ou dicir unha sílaba. O silencio que dura igual que a negra chámase silencio de negra. Para practicar e coñecelas mellor podemos realizar as seguintes fichas de cocomusic.es : Tamén podes practicar como se interpretan musicalmente cos seguintes vídeos. Como veredes podemos sustituír a negra por unha palabra dunha soa sílaba, como por exemplo TA ou PAN:     

A marcha do coronel Bogey

A Marcha do Coronel Bogey é unha marcha composta en 1914 polo teniente F.J Ricketts (1881-1945), o director da banda musical do exército británico.  As marchas son composicións que acompañan aos soldados cando desfilan.    A marcha do coronel Bogey fíxose famosa por aparecer na película "A ponte sobre o río Kwai" sobre a 2º Guerra Mundial. Imos aproveitar esta composición para practicar a negra e o silencio de negra. Mira como facelo no seguinte vídeo: Podemos aproveitar para analizar a estructura da composición. Para isto propóñovos xuntarvos en grupos de catro.    Partindo da seguinte ficha, recortaremos o título e as letras para ordenalas e conseguir ter a estructura correcta: Despois de ter a estructura correcta, iremos colocando os instrumentos principais de cada parte. O resultado debería ser algo parecido a isto: Agora xa podes ver a unha orquestra completa interpretando a peza:  O utras ideas para traballar  con este tema poden ser:

Letkiss

Letkiss é unha composición de Hugo Strasser, un músico alemán que obtivo un gran prestixio na música swin e no jazz.  Roberto Delgado e a súa orquestra fixeron unha versión un pouco máis actual do tema:  Musicograma: Podes acompañar a composición de Letkiss seguindo estes vídeos: Con pelota: Con vasos: Con zapatos: Percusións: Con movemento: Percusión corporal: Outros:

Wishi Ta Tuya

Wishi ta Tuia é unha antiga canción dos indios nativos americanos. Pode ser acompañada con xestos e con bailes e é moi divertida. Aquí uns exemplos de como traballala na aula: Esta é unha versión da música un pouco máis cercana á  orixinal https://www.youtube.com/watch?v=77uuxwqIHxA

Bruno Mars - Uptown funk

  Aprende a percusión para acompañar esta canción de ritmo funk. E se te atreves tamén podes aprender os pases de baile! versión 1 versión 2

A música moderna en China

 China é o país que elixiron os Osos para invertigar durante este curso. Aquí atoparás unha selección das cancións modernas  máis escoitadas no país nipón.

A música moderna na India

   India é o país elixido por 4º para investigar durante este curso.  Hoxe queren aproveitar para facer unha selección de música moderna deste país tan peculiar e carismático.

Os bailes para fin de curso

  Bailes para Golfitur

A música moderna en Rusia

 Rusia é o país elixido por 3º para investigar durante este curso.  Hoxe queren aproveitar para facer unha selección de música moderna deste país e adicala a pedir o fin da guerra entre Ucrania e Rusia.

Walking to the left 2

Walking to the left é unha canción infantil tradicional de Australia. Anímaste a facer un xogo rítmico de mans acompañando a súa música? Observa como debe ser o resultado: podes facelo en parellas: Ou practicar facendo a resposta as mans deste vídeo: Cando o teñas dominado podes atreverte so coa música:

A música moderna en Francia

 A clase dos Caracois e os Osos fannos viaxar a Francia cunha selección de música moderna que máis se escoita neste país.

Oh! Susana

"Oh! Susanna" é unha canción tradicional americana composta por Stephen Foster  en 1848. Moi popular en todo o mundo, ten unha versión da letra en español. Neste caso imos acompañala con vasos: Se queres aprender a tocala podes ver os seguintes tutoriais: Con frauta: Con teclas: E aquí tes unha partitura:

Paula Rojo & The Wild Horses - Si Me Voy (Cups)

Con un vaso de plástico e este tutorial poderás acompañar esta divertida canción: Velaquí o videclip para acompañar:

Construímos unhas castañuelas

As castañuelas son un instrumento de percusión normalmente composto por dúas pezas de madeira atadas entre si e que ao ser golpeadas producen son.  Usadas xa dende hai máis de catro mil anos, son moi populares na música popular española. Mira este vídeo: Imos construír unhas castañuelas: Podes seguir este vídeo... Ou este outro... Se queres aprender a tocalas ben podes seguir vídeos como este: