Saltar ao contido principal

Publicacións

Misirlou (Exipto)

 Esta melodía é tradicional de Exipto, país que están investigando os de primeiro.  Será a canción coa que ralizarán o seu baile de fin de curso, pero antes poden aprender as partes e movementos seguindo este musicograma:

Osito gominola

 Queres aprender a tocar esta divertida melodía?  Aquí tes varias partituras para poder chegar a tocala con mestría!:

Coffin dance (danza dos cadaleitos)

 Esta melodía fíxose moi popular por un meme que deu voltas pola internet de todo o planeta. Seguro que tí tamén o compartiches con alguén ou bailaches coa súa canción.     Sabías que no país de Ghana cando unha persoa morre, despídense dela facéndolle unha gran festa e bailando?   A canción orixinal que acompaña as imaxes é Astronomia 2k19 de Stephan F. Foi engadida despois para que o vídeo dera mais gracia (non é a que bailaban realmente). 

Debajo de un botón

   Debajo de un botón é unha canción popular española moi divertida. Existen distintas versións da súa letra facéndoa máis curta ou mais longa. Aquí  tes varias formas de aprendela e traballala:

Os sons do corpo humano

Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo.  Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.

Cumpreanos feliz

Aprende a tocar esta sinxela canción. aquí tes a partitura escrita de distintas formas para que podas practicala como mellor a entendas.  Seguro que lla podes tocar a alguén nalgunha ocasión especial:

Un elefante se balanceaba

  Aprende a tocar coa frauta ou con calquer instrumento esta famosa canción:

Babala Gumbala

   Esta é unha canción de orixe africana. Empreganna os pobos Yaruba, de Nigeria, cando se atopan con outro pobo e a cantan e bailan para darse a benvida.  Na clase podemos traballala de diferentes formas:

A tarantella Pulcinella

   Unha tarantella é unha danza tradicional do sur de Italia. De orixe medieval críase que bailándoa espantábase toda a loucura e o mal producido pola picadura das tarántulas.   Neste caso imos escoitar unha tarantella titulada Pulcinella interpretada por Massimo Siviero e a Orchestra La Banda del Coure. Pulcinella é un personaxe cómico das cortes italianas da idade medieval.

Itele

   Esta é unha danza tradicional proveniente de Rumanía e interpretada por Shenanigans.    Formada por dúas partes que se repiten e vanse acelerándo, débese prestar moita atención para realizar os pasos cada vez máis rápidos.

O son dos medios de transporte

  Con esta ficha podes ir coloreando os medios de transporte segundo vaian soando. Debes prestar moita antención e ter as orellas ben abertas!

O reloxo sincopado

 O reloxo sincopado é unha composición  de 1946  do sueco Leroy Anderson. Nesta divertida peza os instrumentos imitan o son dun reloxo espertador:

Os himnos nacionais

  Na Guia andamos coñecendo e investigando paises do mundo.  Como sabedes, cada país ten un himno que o representa. Estes himnos son cancións que falan das virtudes do país e o orgullo dos seus habitantes. Moitos deles teñen orixes militares (para animar aos soldados que ían as guerras) e isto pódese notar nas súas letras ou instrumentación.   Hoxe en día, onde máis os escoitamos é en competicións deportivas internacionais nas que os deportistas posan orgullosos mentres soa o himno da súa nación.   Aquí tes unha selección dos himnos nacionais dos países que eliximos en cada aula: China: Francia: Portugal: Exipto: Rusia: India: Italia: Xapón: E para rematar aquí tes os himnos das nosas nacións: Galicia: España: Europa:

Ready Go Music

    Ready Go Music é unha canle de youtube na que podes atopar unha chea de videos cos que practicar as figuras rítmicas con cancións tanto clásicas como modernas.    Están montadas como se dun videoxogo se tratase e son moi divertidas para aprender conceptos musicais e mellorar no teu ritmo.    Estes son exemplos que xa traballamos na aula: Preme an imaxe para visitar a canle:

Katy Perry

  Katy Perry é unha cantante e actriz estadounidense moi popular neste momento. De seguro que coñeces moitos dos seus éxitos.   Aquí tes unha recopilacuión de varios vídeos con cancións súas que podemos traballar na clase.    Debes prestar moita atención e coordinar os movementos  co pulso das músicas: