Saltar ao contido principal

Publicacións

Como mola o Samaín

 Velaquí un recitado rítmico para facer no Samaín! Divididos en dous equipos, uns serán mouchos e outros corvos.  Hai partes feitas unicamente por un equipo e partes que se fan todos xuntos:

En la granja de mi tío

Esta é unha coñecida canción moi divertida de cantar e tocar. con esta partitura poderás tocala rapidamente se a practicas con atención. Fíxate que as dúas primeiras frases e a última teñen as mesmas notas:

Misirlou (Exipto)

 Esta melodía é tradicional de Exipto, país que están investigando os de primeiro.  Será a canción coa que ralizarán o seu baile de fin de curso, pero antes poden aprender as partes e movementos seguindo este musicograma:

Osito gominola

 Queres aprender a tocar esta divertida melodía?  Aquí tes varias partituras para poder chegar a tocala con mestría!:

Coffin dance (danza dos ataudes)

 Esta melodía fíxose moi popular por un meme que deu voltas pola internet de todo o planeta. Seguro que tí tamén o compartiches con alguén ou bailaches coa súa canción.     Sabías que no país de Ghana cando unha persoa morre, despídense dela facéndolle unha gran festa e bailando?    A canción orixinal que acompaña as imaxes é Astronomia 2k19 de Stephan F.     Na aula de Educación Musical aproveitamos esta canción para practicar cos instrumetnos e aprender as súas notas musicais.    Aquí tes as partituras: Por cores: Versión en castellano: A idea xorde do vídeo que compartiu este gran youtuber: Nota: pódese acompañar en piano ou guitarra cos acordes:   SIb / DO / REm  /  REm

Debajo de un botón

   Debajo de un botón é unha canción popular española moi divertida. Existen distintas versións da súa letra facéndoa máis curta ou mais longa. Aquí  tes varias formas de aprendela e traballala:

Os sons do corpo humano

Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo.  Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.

Cumpreanos feliz

Aprende a tocar esta sinxela canción. aquí tes a partitura escrita de distintas formas para que podas practicala como mellor a entendas.  Seguro que lla podes tocar a alguén nalgunha ocasión especial:

Un elefante se balanceaba

  Aprende a tocar coa frauta ou con calquer instrumento esta famosa canción:

Babala Gumbala

   Esta é unha canción de orixe africana. Empreganna os pobos Yaruba, de Nigeria, cando se atopan con outro pobo e a cantan e bailan para darse a benvida.  Na clase podemos traballala de diferentes formas:

A tarantella Pulcinella

   Unha tarantella é unha danza tradicional do sur de Italia. De orixe medieval críase que bailándoa espantábase toda a loucura e o mal producido pola picadura das tarántulas.   Neste caso imos escoitar unha tarantella titulada Pulcinella interpretada por Massimo Siviero e a Orchestra La Banda del Coure. Pulcinella é un personaxe cómico das cortes italianas da idade medieval.

Itele

   Esta é unha danza tradicional proveniente de Rumanía e interpretada por Shenanigans.    Formada por dúas partes que se repiten e vanse acelerándo, débese prestar moita atención para realizar os pasos cada vez máis rápidos.

O son dos medios de transporte

  Con esta ficha podes ir coloreando os medios de transporte segundo vaian soando. Debes prestar moita antención e ter as orellas ben abertas!

O reloxo sincopado

 O reloxo sincopado é unha composición  de 1946  do sueco Leroy Anderson. Nesta divertida peza os instrumentos imitan o son dun reloxo espertador:

Os himnos nacionais

  Na Guia andamos coñecendo e investigando paises do mundo.  Como sabedes, cada país ten un himno que o representa. Estes himnos son cancións que falan das virtudes do país e o orgullo dos seus habitantes. Moitos deles teñen orixes militares (para animar aos soldados que ían as guerras) e isto pódese notar nas súas letras ou instrumentación.   Hoxe en día, onde máis os escoitamos é en competicións deportivas internacionais nas que os deportistas posan orgullosos mentres soa o himno da súa nación.   Aquí tes unha selección dos himnos nacionais dos países que eliximos en cada aula: China: Francia: Portugal: Exipto: Rusia: India: Italia: Xapón: E para rematar aquí tes os himnos das nosas nacións: Galicia: España: Europa: