E Papa Wairi é unha canción tradicional dos Maoríes, unha tribo que vive na illa de Nova Zelanda da que proceden os Kiwis. Cando os nenos e nenas a cantan, xogan a pasarse paus como un xogo de habilidade e destreza. Aprenderemos este acompañamento con claves ou baquetas:
Esta peza é unha composición do músico francés Yann Tiersen . Forma parte da música que compuso para Amelie, película que o fixo moi famoso. Aproveitaremos esta melodía para celebrar o 3 de decembro, Día da Discapacidade. Co lema de Todos baixo o mesmo paraugas faremos un baile moi emotivo e vistoso:
Esta é unha canción de Cé orquestra pantasma que fomenta o cariño entre as persoas. Podes xogar seguindo o musicograma ou realizando os movementos que acompañan a música:
Esta é unha tarefa para o Ámbito Artístico que terá como excusa a creación dun colgante do Sistema solar e o traballo coas composicións de Gustav Holst, Os planetas. Pensada para alumnado de 6 a 8 anos, combinaránse as Artes Plásticas e as nocións de Música .
As campás de Dunquerque é unha danza tradicional francesa composta sobre o ano 1447 cando foi colocada a primeira campá na igrexa desa vila do norte de Francia. Con forma AABB, esta danza medieval é moi empregada para que os nenos e nenas interactúen e se coñezan a través do xogo. Xogos e materiais: ficha musicograma
Esta canción que ven de Marrocos fíxose moi popular no mundo enteiro. Trátase dunha melodía repetitiva pero moi divertida. Con ela pódense realizar moitos xogos e acompañamentos. Vexamos uns exemplos:
Esta é unha divertida canción coa que xogar a seguir unha partitura ou acompañar con xestos ou percusión. Está pensada para a rapazada de Infantil ou Primeiro ciclo :
No ámbito artístico imos aproveitar as nosas mans para crear arte con elas. Primeiro faremos unha imaxe 3D coa silueta das nosas mans e despois un xogo rítmico.
Nesta entrada imos realizar unha serie de actividades artísticas e musicais relacionadas cos videoxogos máis populares entre a rapazada. Estas actividades están pensadas para primeiro e segundo de EP.
Para Elisa é unha das composicións máis coñecidas do compositor Ludwin Van Beethoven. Trátase dunha peza musical para un so piano e que Beethoven compuso esta melodía para regalarlla a unha alumna súa.
Con esta melodia podemos realizar moitos xogos musicais. Mira cantas propostas distintas: Canción orixinal: Actividades: Xogo das sillas: Con pelotas: Percusión corporal: Outros: