Saltar ao contido principal

Publicacións

Clap clap song

  Clap clap song é unha canción moi divertida para acompañar con palmas, movemento ou percusión.   Moi popular nos pobos xermánicos, aquí tes unha selección de vídeos na que podes ver distintas maneiras de traballala:

Danza dos sete saltos

Esta danza para nenos provén de Dinamarca.  Débese estar moi atentos xa que vai engadindo xestos segundo avanza a música: Estes son algúns exemplos de como traballala na clase e con diferentes idades: Aquí tes unha proposta para acompañala con instrumentos: Nesta versión antes de cada instrumento hay dous golpes de xilófono. Deste xeito a música para acompañar a ficha é a seguinte: Imprimiremos a ficha nun folio A3. Recortaremos pola liña de puntos e dobrarermos as solapas para tapar os instruentos.  Deste xeito iremos destapandoos cando sexa o seu turno de tocar. Cada punto representa un pulso na canción. Versión da ficha sen a entrada dos instrumentos:

Tribos do Mundo

  Nesta entrada iremos recopilando todo o traballo que faremos sobre este  Ámbito artístico adicado as tribos do mundo e a descubrir a súas culturas e costumes.

gu choki pa

 No Xapón teñen un xeito peculiar de xogar a pedra, papel tesoira. Mira:

Folerpiña

Con este inverno frío éntrannos as ganas de ver neve po iso imos cantarlle unha canción a unha folerpiña:

vals das flores

 Esta melodía forma parte do Cascanoces de Pyort Tschaikovsky. Composta en ritmo de vals podemos aproveitala para realizar actividades como as seguintes:

Ani Kuni

Ani Kuni é una canción do nativos de Norte América. Era cantada polos nenos como nana antes de durmir. Imos ver varias formas de traballala na aula:

Kookaburra

Esta é unha canción australiana sobre o Kookaburra, un paxaro que fai un son moi parecido a nosa risa: A canción:

Comptine d'un autre été

 Esta peza é unha composición do músico francés Yann Tiersen . Forma parte da música que compuso para  Amelie, película que o fixo moi famoso. Aproveitaremos esta melodía para celebrar o 3 de decembro, Día da Discapacidade.   Co lema de Todos baixo o mesmo paraugas faremos un baile moi emotivo e vistoso:

Que ricos os bicos

  Esta é unha canción de Cé orquestra pantasma que fomenta o cariño entre as persoas. Podes xogar seguindo o musicograma ou realizando os movementos que acompañan a música:

Os Planetas, Gustav Holst

  Esta é unha tarefa para o Ámbito Artístico que terá como excusa a creación dun colgante do Sistema solar e o traballo coas composicións de Gustav Holst, Os planetas.  Pensada para alumnado de 6 a 8 anos, combinaránse  as Artes Plásticas e as nocións de Música .

As campás de Dunquerque

 As campás de Dunquerque é unha danza tradicional francesa composta sobre o ano 1447 cando foi colocada a primeira campá na igrexa desa vila do norte de Francia.  Con forma AABB, esta danza medieval é moi empregada para que os nenos e nenas interactúen e se coñezan a través do xogo. Xogos e materiais: ficha musicograma

A Ram Sam Sam

   Esta canción que ven de Marrocos fíxose moi popular no mundo enteiro.     Trátase dunha melodía repetitiva pero moi divertida. Con ela pódense realizar moitos xogos e acompañamentos.     Vexamos uns exemplos:

Tralalá

 Esta é unha divertida canción coa que xogar a seguir unha partitura ou acompañar con xestos ou percusión. Está pensada para  a rapazada de Infantil ou Primeiro ciclo :

Arte nas mans

No ámbito artístico imos aproveitar as nosas mans para crear arte con elas. Primeiro faremos unha imaxe 3D coa silueta das nosas mans e despois un xogo rítmico.