Saltar ao contido principal

Publicacións

Danza Húngara n5

Johannes Brahms foi un compositor nacido en Alemania en 1833. 

kokoleoko

  Esta é unha divertida canción que cantan os nenos de Ghana. Nós aproveitarémola para cantar e acompañar con percusión corporal, tocar a partirura, etc:

Naughty polka

 Unha divertida canción para traballar o ritmo e movemento

A galiña de Carmiña

A ver se consegues cantar esta cantiga respirando antes e aguantando ata o final...

O outono de Vivaldi

  O outono de Vivaldi: 1. Introdución:      Quen foi Vivaldi     As catro estacións     O outono: danza que celebra o recollido durante o verán (viño) 2. Movemento. Acompasaremos os nosos movementos coa música: Ou tamén podemos facelo con panos: 3. Audición sen imaxes:     Que instrumenos recoñecemos? Que nos parece que soa?     A orquestra clásica. podes rodear nesta imaxe os que cres que están soando: 4. Audición concerto:  5. Musicograma: Outras versións: Tamén podemos sañir ao patio a recolectar follar para crear unha versión de musicograma coas follas e obxectos que recolectamos: 6. Acompañamento con instrumentos: 7.Ritmo corporal: Podemos rematar coloreando un retrato de Vivaldi en ceras, rotuladores, acuarela (tempera moi aguada), etc:

Musicograma fácil

Imos practicar a prelectura musical e iniciarnos no ritmo acompañando unha melodía.

Tritsch tratsch polka

  Tritsch Tratsch Polka é unha composición que Johan Strauss (fillo) compuso en 1854 en Rusia. Esta divertida peza ten un rítmo animado que precisa de moita concentración para seguir a melodía: Coa Filarmónica de Radio France: Ballet e Orquestra Belvedere: Estes vídeos sérvennos para plantexarnos preguntas como... Que instrumentos aparecen?  Cales soan máis ou teñen máis presencia cos outros? Que diferencias atopamos entre as formación dos dous vídeos? Como están colocados os instrumentos? correspóndese coa colocación dos instrumentos no esquema da orquestra? Imos a acompañar a música:

Paisaxes sonoras de Moaña

  Imos comezar un novo ámbito artístico! Nesta ocasión adicarémolo a vila que nos ve crecer, Moaña! Así realizaremos unha serie de actividades nas que coñeceremos as paisaxes típicas de Moaña, a súa arte, música e sons:

A familia de corda fretada

Imos coñecer unha familia de instrumentos moi popular e moi presente nas composicións e concertos de música clásica. 

Os instrumentos tradicionais galegos

  Os galegos e galegas sempre estivemos moi unidos a música. A nosa é unha música propia e única e dende hai moito acompáñanos nas nosas festas e romerías.  Imos adicar esta publicación a coñecer algún dos instrumentos que dan carácter ao noso folclore musical.

A primavera de Vivaldi

  Unha das composicións máis famosas da música clásica é esta obra de Antonio Vivaldi. O compositor do barroco italiano compuso moitas pezas e tocaba o violín. As catro estacións é mundialmente coñecida. 

O gato no saco

 O gato no saco é unha cantiga que o grupo A Roda fixo moi popular en toda Galicia pero que foi creada aquí ao lado en Vilariño, en Aldán.  Aquí podes coñecer a historia completa:

Muiñeira de Chantada

  A Muiñeira de Chantada é unha peza tradicional galega composta en 1865. A muiñeria é unha danza tradicional galega que se tocaba e bailaba esperando a que se moera o gran nos muiños. Nesta ocasión imos ver cantos instrumentos recoñecemos neste vídeo para falar de como se tocan e como soan sen esquecernos dos bailes e das roupas.

A marcha do antigo reino de Galicia

 Sabías que Galicia ao longo da historia variou no seu territorio? Hai uns poucos séculos o reino de Galicia collía parte de Portugal e Asturias. 

A zanfona

  A zanfona é un instrumento de orixe medieval pero que hoxe en día ten moito que dicir. Aquí poderás descubrir cousas deste instrumento e escoitar como é o seu son: