Preparados para subir ao escenario? Imos converter a nosa frauta doce nun instrumento de rock para interpretar unha das cancións máis famosas da historia da música: We Will Rock You, do grupo británico Queen.
O noso reto será aprender a tocar na frauta a parte do estribillo. ¿Conseguiremos soar como unha auténtica banda de rock?
🎸 ANTES DE TOCAR... COÑECEMOS A QUEEN
Queres saber quen eran os compoñentes de Queen, como naceu esta canción e algunhas das súas curiosidades?
Aquí tamén podes ver outro tipode actividaes con esta canción:
🎬 1. APRENDEMOS A CANCIÓN
Imos comezar! Observa o vídeo e practica pouco a pouco. Escoita con atención a melodía e fíxate nas posicións dos dedos e no ritmo.
🎼 2. SEGUIMOS A PARTITURA
Agora que xa coñeces a melodía, chegou o momento de practicar coa partitura adaptada para frauta doce.
Fíxate nas notas, no ritmo e nos diferentes fragmentos. Vai amodo e repite as partes que che resulten máis difíciles.
👇 Preme na imaxe para ampliala e consultar a partitura.
💡 3. TRUCOS PARA PRACTICAR
Para conseguir unha boa interpretación, lembra estes pequenos consellos:
- Comeza tocando amodo, sen preocuparte pola velocidade.
- Practica primeiro os fragmentos máis difíciles por separado.
- Presta atención á duración das notas e respecta os silencios.
- Tapa ben os buratos da frauta e sopra suavemente.
- Finalmente, intenta tocar seguindo o vídeo e mantendo o ritmo.


Comentarios
Publicar un comentario