A Marcha do Coronel Bogey é unha marcha composta en 1914 polo teniente F.J Ricketts (1881-1945), o director da banda musical do exército británico. As marchas son composicións que acompañan aos soldados cando desfilan. A marcha do coronel Bogey fíxose famosa por aparecer na película "A ponte sobre o río Kwai" sobre a 2º Guerra Mundial. Imos aproveitar esta composición para practicar a negra e o silencio de negra. Mira como facelo no seguinte vídeo: Podemos aproveitar para analizar a estructura da composición. Para isto propóñovos xuntarvos en grupos de catro. Partindo da seguinte ficha, recortaremos o título e as letras para ordenalas e conseguir ter a estructura correcta: Despois de ter a estructura correcta, iremos colocando os instrumentos principais de cada parte. O resultado debería ser algo parecido a isto: Agora xa podes ver a unha orquestra completa interpretando a peza: O utras ideas para traballar con este tema poden ser: