No ámbito artístico imos aproveitar as nosas mans para crear arte con elas. Primeiro faremos unha imaxe 3D coa silueta das nosas mans e despois un xogo rítmico.
Nesta entrada imos realizar unha serie de actividades artísticas e musicais relacionadas cos videoxogos máis populares entre a rapazada. Estas actividades están pensadas para primeiro e segundo de EP.
Para Elisa é unha das composicións máis coñecidas do compositor Ludwin Van Beethoven. Trátase dunha peza musical para un so piano e que Beethoven compuso esta melodía para regalarlla a unha alumna súa.
Con esta melodia podemos realizar moitos xogos musicais. Mira cantas propostas distintas: Canción orixinal: Actividades: Xogo das sillas: Con pelotas: Percusión corporal: Outros:
Esta melodía é unha versión dunha canción tradicional dos Estados Unidos moi popular. Aproveitaremos esta canción para propoñer algunha actividade para levar a aula de Música: Audio da canción Oklahoma mixer: Activiades para a aula: Versión orixinal Turkey in the straw:
Imos xuntar Música e Plástica aproveitando a estación na que nos atopamos, o outono. As actividades que propoñemos estarán relacionadas coas follas e os cambios producidos no monte.
Esta é unha coñecida canción moi divertida de cantar e tocar. con esta partitura poderás tocala rapidamente se a practicas con atención. Fíxate que as dúas primeiras frases e a última teñen as mesmas notas:
Esta melodía é tradicional de Exipto, país que están investigando os de primeiro. Será a canción coa que ralizarán o seu baile de fin de curso, pero antes poden aprender as partes e movementos seguindo este musicograma:
Esta melodía fíxose moi popular por un meme que deu voltas pola internet de todo o planeta. Seguro que tí tamén o compartiches con alguén ou bailaches coa súa canción. Sabías que no país de Ghana cando unha persoa morre, despídense dela facéndolle unha gran festa e bailando? A canción orixinal que acompaña as imaxes é Astronomia 2k19 de Stephan F. Foi engadida despois para que o vídeo dera mais gracia (non é a que bailaban realmente).
Debajo de un botón é unha canción popular española moi divertida. Existen distintas versións da súa letra facéndoa máis curta ou mais longa. Aquí tes varias formas de aprendela e traballala:
Co noso corpo podemos emitir unha gran variedade de sons. Con esta actividade podes xogar a ver se recoñeces moitos dos sons que producimos co corpo. Podes marcar na ficha a imaxe que represeta o son que soa en cada momento. Abaixo atoparás un arquivo cos audios.
Aprende a tocar esta sinxela canción. aquí tes a partitura escrita de distintas formas para que podas practicala como mellor a entendas. Seguro que lla podes tocar a alguén nalgunha ocasión especial: