Saltar ao contido principal

Publicacións

Comptine d'un autre été

 Esta peza é unha composición do músico francés Yann Tiersen . Forma parte da música que compuso para  Amelie, película que o fixo moi famoso. Aproveitaremos esta melodía para celebrar o 3 de decembro, Día da Discapacidade.   Co lema de Todos baixo o mesmo paraugas faremos un baile moi emotivo e vistoso:

Que ricos os bicos

  Esta é unha canción de Cé orquestra pantasma que fomenta o cariño entre as persoas. Podes xogar seguindo o musicograma ou realizando os movementos que acompañan a música:

Os Planetas, Gustav Holst

  Esta é unha tarefa para o Ámbito Artístico que terá como excusa a creación dun colgante do Sistema solar e o traballo coas composicións de Gustav Holst, Os planetas.  Pensada para alumnado de 6 a 8 anos, combinaránse  as Artes Plásticas e as nocións de Música .

As campás de Dunquerque

 As campás de Dunquerque é unha danza tradicional francesa composta sobre o ano 1447 cando foi colocada a primeira campá na igrexa desa vila do norte de Francia.  Con forma AABB, esta danza medieval é moi empregada para que os nenos e nenas interactúen e se coñezan a través do xogo. Xogos e materiais: ficha musicograma

Xogos para Samaín

 Nesta lista de Youtube atoparás unha gran variedade de xogos musicais para realizar no Samaín:

A Ram Sam Sam

   Esta canción que ven de Marrocos fíxose moi popular no mundo enteiro.     Trátase dunha melodía repetitiva pero moi divertida. Con ela pódense realizar moitos xogos e acompañamentos.     Vexamos uns exemplos:

Tralalá

 Esta é unha divertida canción coa que xogar a seguir unha partitura ou acompañar con xestos ou percusión. Está pensada para  a rapazada de Infantil ou Primeiro ciclo :

Arte nas mans

No ámbito artístico imos aproveitar as nosas mans para crear arte con elas. Primeiro faremos unha imaxe 3D coa silueta das nosas mans e despois un xogo rítmico.

Cancións para infantil

 Esta é unha recopilación dalgunha das actividades que facemos en Ed. Infantil:

Hai arte nos videoxogos?

   Nesta entrada imos realizar unha serie de actividades artísticas e musicais relacionadas cos videoxogos máis populares entre a rapazada.   Estas actividades están pensadas para primeiro e segundo de EP.

Para Elisa

  Para Elisa é unha das composicións máis coñecidas do compositor Ludwin Van Beethoven. Trátase dunha peza musical para un so piano e que Beethoven compuso esta melodía para regalarlla a unha alumna súa. 

Heavy and light

 Con esta melodia podemos realizar moitos xogos musicais. Mira cantas propostas distintas: Canción orixinal: Actividades: Xogo das sillas: Con pelotas: Percusión corporal: Outros:

Cangrejo

Esta é unha divertida canción para xogar cos máis peques. Temos que seguir os movementos que vai indicando a canción:

Oklahoma Mixer

Esta melodía é unha versión dunha canción tradicional dos Estados Unidos moi popular.  Aproveitaremos esta canción para propoñer algunha actividade para levar a aula de Música: Audio da canción Oklahoma mixer: Activiades para a aula: Versión orixinal Turkey in the straw:

Arte e música no outono

  Imos xuntar Música e Plástica aproveitando a estación na que nos atopamos, o outono.   As actividades que propoñemos estarán relacionadas coas follas e os cambios producidos no monte.