Saltar ao contido principal

Publicacións

A música moderna en Francia

 A clase dos Caracois e os Osos fannos viaxar a Francia cunha selección de música moderna que máis se escoita neste país.

Oh! Susana

"Oh! Susanna" é unha canción tradicional americana composta por Stephen Foster  en 1848. Moi popular en todo o mundo, ten unha versión da letra en español. Neste caso imos acompañala con vasos: Se queres aprender a tocala podes ver os seguintes tutoriais: Con frauta: Con teclas: E aquí tes unha partitura:

Paula Rojo & The Wild Horses - Si Me Voy (Cups)

Con un vaso de plástico e este tutorial poderás acompañar esta divertida canción: Velaquí o videclip para acompañar:

Construímos unhas castañuelas

As castañuelas son un instrumento de percusión normalmente composto por dúas pezas de madeira atadas entre si e que ao ser golpeadas producen son.  Usadas xa dende hai máis de catro mil anos, son moi populares na música popular española. Mira este vídeo: Imos construír unhas castañuelas: Podes seguir este vídeo... Ou este outro... Se queres aprender a tocalas ben podes seguir vídeos como este:

A música moderna en Italia

 Italia é o país escollido polo quinto curso. España e Italia teñen mito en común e a súa música tamén é un punto de encontro.  Moitos artistas traducen as súas cancións para poder darse a coñecer nos dous países e nesta ocasión coñeceremos como é o panorama actual da música no país da pizza e a pasta.

A música moderna en Xapón

 Na clase de sexto están descubrindo Xapón e quixeron coñecer como é a música moderna que se escoita neste interesante país. Velaquí unha selección dos artistas máis escoitados de J-pop no país nipón:

A música moderna en Exipto

  Exipto é un pais moi interesante, tanto pola súa historia como polo seu mundo actual. Os de segundo, andan investigando cousas sobre este país tan distinto ao noso.    Na clase de música tamén quixemos coñecer como é a música moderna deste exótico país.   Velaquí un pequeno exemplo da música moderna máis escoitada hoxe en día en Exipto:

Marcha Radetzky

Johann Strauss foi un compositor do século XIX. Nacido en Viena foi pai dunha dinastía de músicos clásicos; Johann Strauss fillo, Josef Strauss e Eduard Strauss. A marcha Radeztky, escrita en 1848, foi composta  en honor as victorias bélicas do conde Joseph Wenzel Radeztky. Esta peza tan marchosa é moi divertida para traballar na aula de mitas formas distintas:

Imagine

Imagine é unha canción composta por John Lennon e escrita pola súa muller Yoko Ono en 1971. É mundialmente coñecida como un canto á paz e a liberdade de todos os pobos do mundo. Por iso a eliximos para esta semana da Paz. Aquí tes as fichas que traballamos na aula coa extructura, a letra en inglés e galego e o acompañamento para metalófonos e xilófonos, na versión simple e outra un poco máis completa: letra traducida a galego: versión simple: versión completa:

Que suba, que baje

Que suba, que baje é unha canción que se acompaña con xestos moi divertida para os máis pequen@s: Nestes vídeos podes ver uns exemplos de como traballala na clase:

Danza de gigantes y enanitos

  En Infantil andivemos cantando esta canción e bailando a súa danza: :

Nas profundidades do océano

Escoitando a Lesicia de Kai Engel podes xogar a relaxarte imaxinádote a seguinte historia: _____________________________________ Somérxeste no mar e podes aguantar a respiración o tempo que queiras. Non te afogarás. O mar está morno, ten unha temperatura perfecta, cálida. Move  moi despacio os teus brazos e pernas imaxinando que estás buceando nas profundidades.   O peixes pasan a teu carón e xogan nadando. Baixas máis profundo, cada vez máis. Os raios de luz atravesan a auga alumeando o teu camiño. Vés todo tipo de animais mariños que se acercan a saudarte e tí estiras a túa man para tocalos.   Mesmo unha gran balea pasa e podes tocala sen ningún perigo. _____________________________________ Pecha os ollos despois de ler estas instruccións e lémbrate de imaxinarte cada detalle.  Tamén podes pedirlle a outra persoa que faga de narrador da historia mentres tí te relaxas. Cando remates abre os ollos pouco a pouco lembrán...

Marcha Turca - Mozart

   Wolfgang Amadeus Mozart está considerado como un dos máis grandes compositores de música clásica europea. Viviu en Viena durante o século XVIII.    Estudou música dende os catro anos e aos cinco xa tiña dúas obras compostas.    A Marcha Turca, chamada Sonata para piano nº 11, foi composta en 1783. Podes escoitala nestes vídeos: Con piano: Con orquestra: Musicogramas:    l O documento do musicograma: Variación máis completa:   Exemplos de traballos na aula:

Chega o nadal

Xa chega o nadal  e na Guía non queremos perdernos de festexar estas datas e preparar algo especial. Estas son as cantigas que traballaremos para o noso festival ao que estades tod@s invitad@s: Bolboreta Pequeniña (versión en portugués): Esta é a letra que imos cantar: Xa me tardan : Velaquí a  letra:   Aquí cos acordes para a guitarra: Jingle bells (version Trap): As clases de 5º e 6º queren ensinarte como se fai a percusión corporal con este turorial: Lembra que a estrutura da canción é: Instrumental - Parte A - Instrumental - Parte B - Instrumental final

Somewhere over the rainbow

   Es canción escrita  por Israel Kamakawiwoʻole , en 1932, para a película O mago de Oz está considerada unha das mellores composicións do século XX.   Aquí tes unha partitura feita para tocar dous grupos, cada un unha frase melódica.        Aprende a tocala, segue unha das liñas, a do grupo A ou a do grupo B: Cando a domines, podes tocala seguindo este acompañamento musical : Ten en conta que hai partes nas que debes esperar  sen tocar ata que volva outra vez a melodía principal.